• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Artigo anterior
Construción naval »

Iniciativa a favor do sector pesqueiro

7, Xullo 2016 por Admin B

As embarcacións con porto base en Galicia terán que comunicar á Federación Galega de Confrarías nun prazo que non supere ás 12 horas, as súas notas de venda, con independencia do porto onde teña lugar a descarga das capturas

O GRUPO POPULAR DEFENDE “A MELLORA E AXILIZACIÓN” DO SISTEMA POLO QUE SE COMPUTA O CONSUMO DE COTAS DE PESCA

 la foto

  • Jose Manuel Balseiro explica que a medida permitirá facer un seguimento moito máis realista e exhaustivo da cota consumida e da que está aínda pendente, o que evitará incorrer en sobrepesca e, en consecuencia, reducirá futuras sancións e recortes nas posibilidades de pesca

 

Santiago, 7 de xullo de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defenderá unha iniciativa na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia prevista para este venres, pola que pide que se mellore e axilice o sistema actual de cómputo do consumo de cotas das embarcacións que participan no plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste.

 Os populares queren que o Goberno central impulse as reformas normativas que sexan precisas de tal xeito que sexa obrigatorio que todas as embarcacións con porto base en Galicia comuniquen á Federación Galega de Confrarías as súas notas de venda, con independencia do punto onde teña lugar a descarga das capturas e nun prazo que non supere ás 12 horas desde que estas se produzan.

 Deste xeito a Federación de Confrarías poderá facer un seguimento moito más real e exhaustivo das cotas consumidas e adoptar as decisións respecto das medidas de xestión das distintas pesqueirías que en cada caso sexan pertinentes (cambio de topes, solicitude de peches precautorios) evitando incorrer en situacións de sobrepesca e, en consecuencia, evitando futuras sancións, polo que a actividade estará regulada dun xeito moito máis eficiente e natural ao longo de todo o ano.

 FLOTAS DO CALADOIRO NACIONAL

 Poderá beneficiarse desta medida as embarcacións con porto base en Galicia que operan baixo o plan de xestión do Caladoiro Cantábrico Noroeste, por exemplo aquelas que capturan cabala na modalidade de artes varias (na que están incluídas embarcacións de palangre, volanta, racú e artes menores), non así o arrastre ou o cerco, onde as cotas son maioritariamente individuais. Tamén poderían incluírse flotas adicadas a outras especies como é o caso do bocarte e da sardiña, que ainda que só está autorizada para o cerco, si se xestiona mediante cupos.

 Balseiro explica que a entidade xestora encargada de realizar o cómputo de consumos de cota é, no caso de Galicia, a Federación Galega de Confrarías ou, nalgúns casos as organizacións de produtores, que o fan en función dos datos de actividade procedentes das anotacións no diario de a bordo, declaracións de desembarque e notas de venda, así como das transmisións do Diario Electrónico.

 Dáse a circunstancia de que moitos barcos con porto base en Galicia pero que realizan a súa actividade fóra das nosas augas ou realizan as súas descargas en portos doutras Comunidades autónomas, non facilitan ou non o fan coa axilidade necesaria as súas notas de venda, retrasando o cómputo real sobre o cupo consumido.

 “Esta circunstancia pode derivar en efectos perversos cando as peticións de peche das pesqueirías se realizan tarde cando a cota consumida está amplamente superada, incorrendo en sancións por sobrepesca e en deducións sobre as cotas da anualidade seguinte. Evitar estes efectos perversos que acaban pagando os traballadores do mar, é o obxectivo desta iniciativa”-concluíu Balseiro.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: