• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión 6ª (07/07/2016)
Pleno do Parlamento (12/07/2016) »

Comisión de Pesca (08/07/2016)

8, Xullo 2016 por Admin B

Jose Manuel Balseiro insiste en que o Partido Popular e o Goberno galego solo apoiarán un cambio de sistema que beneficie, no seu conxunto, á totalidade da flota galega do cerco

 O PPDEG LEMBRA QUE A FLOTA DO CERCO PERDERÍA UN 20% DAS POSIBILIDADES DE PESCA CO MODELO DE REPARTO QUE DEFENDE A OPOSICIÓN

 

cOMISION 8 17-09-2014 (15)

  • O portavoz do Mar puxo en valor os acordos acadados nas múltiples xuntanzas que a Consellería do Mar mantivo con todos os representantes do sector, como por exemplo a proposta de reasignación de cota para que cada barco reciba un mínimo de posibilidades de pesca
  •  Por outra banda, lembrou que xa existe una acordo do Parlamento de Galicia polo que se solicita ao futuro Goberno do Estado que os gardacostas poidan acollerse aos coeficientes redutores de cara a súa xubilación, acordo aprobado co voto en contra do BNG

 

Santiago, 8 de xullo de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que o cambio no modelo de reparto das cotas de pesca do cerco defendido pola oposición, e no que se prima o número de tripulantes en vez da fórmula mixta actual que tamén ten en conta as descargas históricas, suporía a perda dun 20 por cento das posibilidades de pesca que na actualidade ten a flota galega.

 Balseiro insistiu en que desde a oposición “non se votaron os números” e explicou que, por exemplo, só na zona IXa perderíamos o 50 por cento do xurelo, onde agora temos o 98,7 por cento da cota, pois tería que compartirse con Andalucía que ten 1.228 tripulantes nesta modalidade de pesca.

 “¿Como poden pedir á conselleira e ao Goberno da Xunta que defenda unha postura na que Galicia perde?”, cuestionou Balseiro, tras lembrar que a Consellería do Mar leva toda a lexislatura traballando a prol de maiores e mellores cotas de pesca. Así, indicou que as cotas das principais especies que captura o cerco subiron nun 52 por cento desde o 2009, “situándose por enriba das que tíñamos co bipartito”.

 INTERLOCUCIÓN CONTINUA

 Balseiro lamentou que as forzas da oposición sexan incapaces de valorar os foros de participación e diálogo que, á iniciativa da Xunta, están abertos co propio sector. “Alí está representado todo o cerco galego, sen exclusións, porque a obriga da Xunta é gobernar para todos e non so velar polos intereses dunha parte, como se está a facer desde a oposición”, dixo.

 Así mesmo, apuntou que no PPdeG “estamos moi satisfeitos cos resultados das xuntanzas que desde a Consellería se mantiveron co cerco, todas elas dirixidas a acadar as mellores condicións no desenvolvemento da actividade”. A modo de exemplo, puxo en valor o acordo para a reasignación de cota, deseñado pola Xunta a iniciativa do sector, para que ningún barco galego quede sen cota (distribuída en función do seu tamaño), “unha proposta que xa fora formulada hai dous anos e que daquela incomprensiblemente non se aceptou”, lamentou.

 XUBILACIÓN DE GARDACOSTAS

 Por outra banda, e en relación cunha iniciativa do BNG obxecto de debate tamén hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento galego, o Grupo Popular lembrou que xa existe una acordo do Parlamento de Galicia polo que se solicita ao futuro Goberno do Estado que os gardacostas poidan acollerse aos coeficiantes redutores de cara a súa xubilación, acordo aprobado co voto en contra do BNG e do resto dos grupos da oposición.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: