Inicio das obras de ampliación do Hosptial da Costa

O deputado e coordinador dos populares da Mariña sinala que é a mellor nova que podían recibir os veciños da comarca e os traballadores do centro cando se cumpre o 30 aniversario

 BALSEIRO AGRADE O COMPROMISO DO PRESIDENTE FEIJÓO CO HOSPITAL DA COSTA TRAS INICIARSE AS OBRAS DA SÚA AMPLIACIÓN

 Futuro hospital2

  • Sinala que unha vez finalizados os traballos disporemos dun hospital máis moderno, cunha capacidade ampliada, máis servizos e máis confortable para os doentes e usarios

 

  • O inicio das obras vén a demostrar que as dúbidas e cuestionamentos feitos polos partidos da oposición nunca tiveron fundamento, e unicamente buscaban enganar e manipular con algo tan serio como é a saúde

 

Burela, 20 de xullo de 2016.- O deputado e coordinador comarcal do Partido Popular na Mariña lucense, Jose Manuel Balseiro, agradeceu o inicio das obras que darán lugar á primeira fase de ampliación do Hospital da Costa.

 Onte coñecíamos como a empresa adxudicataria, Copasa, iniciaba as actuacións de desmonte nas inmediacións do centro sanitario co obxecto de preparar os emprazamentos provisionais de varios servizos que se verán afectados pola construción do novo edificio e substitución do actual heliporto.

 Balseiro salientou que unha vez máis e con feitos, demostrase que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cumpre a palabra dada coa Mariña e os compromisos adquiridos coa modernización e ampliación do Hospital da Costa.

 Ademais o deputado destacou que, o inicio dos traballos ten lugar no prazo comprometido na última visita efectuada pola conselleira de Ethel Vázquez, quen a través da Axencia Galega de Infraestruturas, investirá 12,8 millóns de euros nesta primeira fase.

 AS DÚBIDAS DA OPOSICIÓN SEN FUNDAMENTO

 Balseiro indicou que, unha vez finalizadas as obras, A Mariña lucense contará cun dos hospitais máis modernos de Galicia, cunha capacidade ampliada e remodelado internamente, novos servizos e máis confortable para os doentes e usuarios.

 O deputado tamén salientou que esta obra vén a demostrar que as dúbidas e cuestionamentos feitos polos partidos da oposición nunca tiveron fundamento, que o PP ten un compromiso claro coa mellora da sanidade pública comarcal e que o único que pretenderon foi enganar e manipular politicamente con algo tan serio como é a saúde.

 UN COMPROMISO PERMANENTE

 Balseiro rematou sinalando que, cando se cumpre o 30 aniversario do Hospital da Costa é a mellor nova que podían recibir tanto os veciños da Mariña como os profesionais que traballan no centro.

 Lembrou tamén que o compromiso coa mellora do hospital non se limita a esta obra de ampliación en particular, malia que se trata do proxecto máis importante e ambicioso promovido pola Xunta de Galicia, senón tamén a múltiples investimentos e melloras que se incorporaron ao longo destas dúas últimas lexislaturas, por un importe que supera os 2,2 millóns de euros e entre as que citou, como máis relevantes, a creación da sala de tratamentos de quimioterapia para os enfermos de cancro e a posta en marcha da unidade de hospitalización a domicilio.