Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2016

Camiño de Santiago

A Xunta 2,1 millóns de euros para acondicionar os Camiños do Norte, nas súas rutas da Costa e do Interior, Patrimonio da Humanidade dende 2015.

AAA.jpg

Turismo de Galicia destinará máis de 2,1 millóns de euros ás obras de recuperación, sinalización e mellora do Camiño do Norte, Ruta da Costa, que inclúen a adaptación do itinerario á delimitación oficial..

As actuacións previstas actuarán sobre a sinalización existente e tamén sobre o estado de accesibilidade da ruta. O obxectivo é unificar e harmonizar a sinalización do Camiño de Santiago, un dos símbolos de Galicia, e ofrecer un mellor servizo os cada vez máis peregrinos que se decantan por estes itinerarios.

No Camiño do Norte os traballos levaranse a cabo por treitos: de Ribadeo a Lourenzá e de Trabada a Lourenzá; de Mondoñedo a Vilalba e entre Lourenzá e Abadín; de Guitiriz a Friol; e de Sobrado a Arzúa e entre Sobrado e O Pino. Limparanse as cunetas e os noiros para evitar, entre outras cuestións, que se inunde a superficie de paso. Formaranse explanadas nos camiños de nova apertura e retirarase a terra vexetal.

 Así mesmo, no que se refire á sinalización, colocaranse mouteiras, cunchas, placas e outros sinais atendendo ao Manual de Sinalización Turístico de Galicia. As cunchas, serán de cerámica e colocadas en horizontal cunha frecha das mesmas dimensións indicativa da dirección. Nos lugares considerados Ben de Interese Cultural disporanse cunchas de bronce e nas zonas máis urbanas que discorran por estrada, sinais metálicas

Axencia Turismo de Galicia

  1. a) RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra por lotes relativa ao proxecto de construción da recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoos á delimitación oficial 2013-2014, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I. 6.3.2) (clave 2016-00024).

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161027/AnuncioG0256-131016-0003_gl.html

Actuacións previstas, entre outros, nos concellos de:

  • Ribadeo (18,4 Km / Investimento 72.356,99 €)
  • Lourenzá (15,2 Km / Investimento 107.152,42 €)
  • Barreiros (9,7 Km / Investimento 54.134,70 €)
  • Trabada (21, 5 Km / Investimento 124.327,53 €)
  • Mondoñedo (33,8 Km / Investimento 187.511,67 €)

Total A Mariña: 545.483,31€

Read Full Post »

%d bloggers like this: