Novo delegado territorial da Xunta en Lugo

Balseiro: “Son consciente de que agora o importante non son as siglas”

Jose Manuel Balseiro Orol


Lugo, 17 nov (EFE).- O novo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que na anterior legislatura foi secretario da Mesa do Parlamento, recibiu o seu nomeamento con “responsabilidade”, “ilusión” e “agradecimiento”, pero sobre todo coa idea de converterse na “correa de transmisión” entre a Administración autonómica e a provincia, “consciente de que agora”, neste cargo, “o importante non son as siglas”.

“Como non podía ser doutra forma, acollo este nomeamento con responsabilidade, con moita ilusión e, sobre todo, con agradecimiento. Agradecimiento ao presidente da Xunta pola confianza que deposita en min, e tamén cara ao conxunto do goberno -galego-, o Partido Popular en Galicia e na provincia de Lugo”, dixo Balseiro.
Desde o seu punto de vista, ábrese unha nova “etapa política” para el, con “moito traballo por diante”, pero espera “estar á altura do que se agarda dun delegado da Xunta, neste caso ao servizo dos lucenses, ao servizo dos alcaldes e ao servizo dunha sociedade que aspira a seguir avanzando e a seguir mellorando”.

De feito, recordou que “en Galicia a xente apostou pola estabilidade e por un proxecto que xera moita ilusión, como é o do Partido Popular”, polo que agora “toca levalo á práctica”.
Balseiro dixo que agora é “consciente de que o importante non son as siglas”, senón “estar a disposición de todos” e “acertando en cada decisión que se tome”.
Segundo o seu criterio, a función dun delegado territorial da Xunta de Galicia é ser “a correa de transmisión entre” a “provincia e a Administración autonómica”.

“Espero estar á altura desa confianza depositada na miña persoa. Coñezo bastante ben a provincia. Coñezo prácticamente a todos os alcaldes. Coñezo bastante ben os 67 municipios da provincia”, engadiu.

É consciente, en todo caso de que vai dar un cambio” na súa “vida política”, centrada nos últimos anos no Parlamento de Galicia, pero asegura que o fai “con moita ilusión” e “moito agradecimiento” cara ás “persoas que confiaron” nel.
“Confianza que espero non defraudar”, concluíu.

Teletipo de EFE