Renuncia á concellaría en Cervo

Hoxe foi un día de contrastes, moi emotivo, xa que a primeira hora da mañá, antes de participar no acto de toma de posesión como novo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, tiven que renunciar a miña acta de concelleiro en Cervo, por ser ambas responsabilidades incompatibles.

Cervo será o meu fogar e a súa veciñanza unha prioridade que terei sempre presente.

Gardo con agarimo no meu corazón a todos os compañeiros da Corporación, do goberno e da oposición, aos que tiven a honra de acompañar tantos anos, nesta apaixonante etapa da miña vida onde tanto aprendín. Pido disculpas polos erros, seguro de que os éxitos foron froito de traballo de todos.