Toma de posesión como Delegado da Xunta

image_galleryimage_gallery1

Esta mañá, presidido por Alberto Núñez Feijóo, tivo lugar o acto no que tomei posesión como Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, xunto cos meus compañeiros doutros territorios e xunto ao director do Gabinete de Presidencia.

Novamente honrado e agradecido por esta confianza, intentarei cumprir o mandato que expresou o Presidente da Xunta cando nos pediu que sexamos comprometidos, entusiastas e de espírito inconformista.

A nosa responsabilidade -dixo- é ser “os ollos e os oídos” do Goberno galego na nosa terra, lembrando que o pobo galego sempre estará lexitimado para pedir máis a este novo Goberno.

Solo desde a realidade e sendo conscientes de que aínda hai problemas en moitas familias galegas que debemos atender, e moitas ilusións que debemos tentar satisfacer, poderemos seguir logrando novas metas colectivas.

Dá inicio unha nova etapa.