• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Emprego
Lactancia materna »

TACs e cotas 2017

17, Decembro 2016 por Admin B

Máis posibilidades para a nosa pesca

 X01S0080.jpg

Calquera pode imaxinar a complexidade dunha negociación na que participan todos os Estados Membros da Unión Europea. Trátase dun duro crebacabezas no que cada quen busca arrimar a ascua a súa sardiña, polo que non dubidan en soster posturas distintas, incluso contrapostas. Cada mes de decembro, o Consello de Agricultura e Pesca acorda os límites de captura das frotas comunitarias para o ano próximo, que despois ratificará o Consello Europeo.

É evidente que non en toda negociación é posible obter o cento por cento dos resultados agardados pero sen dúbida, cando o desenlace significa que Galicia poderá pescar en 2017 entorno a un 20% máis que no 2016, podemos dicir que, en termos xerais, foi satisfactorio. Galicia disporá, segundo cálculos estimados, 30.900 toneladas máis, o que suporía (aplicando o prezo medio do peixe e do marisco fresco durante este ano) un incremento de valor aproximado de 76 millóns de euros. Todo iso nunha Comunidade que posúe aproximadamente o 70% das cotas da zona do Cantábrico e Noroeste, de Gran Sol e das augas de Francia

Desde a óptica lucense, conseguiuse a mellora da cota da pescada en augas de Gran Sol, que sube un 10% mentres que sufre un axuste mínimo no litoral (1,4%) fronte á redución do 36% que propuña inicialmente a Comisión. Tamén foi posible frear a caída do xurelo, que ía ser do 45%, ata o 23%, co compromiso de volver sobre esta cota nunha posible revisión do TAC a mediados deste ano, en función da evolución biolóxica desta especie

Repartindo por caladoiros, no Cantábrico Noroeste acadouse a práctica continuidade na pescada e na anchoa, ademais dun aumento do 14% da cota da xarda, do 72% na cota do lirio, do 54% no rape, do 10% da raia. Na zona de Fisterra cara ao sur, logrouse un incremento do 7% na cota de xurelo, do 17% da anchoa e da cigala. No Gran Sol e en Francia, destaca sobre todo o histórico aumento do 10% acadado na cota da pescada, tamén o aumento da raia (5%), da maruca (33%) e da cigala en xeral (sobre un 8%). Acadouse tamén a continuidade na cota do peixe sapo e un incremento do 67% nas cotas do caladoiro de Porcupine. Todas as frotas ven mellorar a súa cota de forma global.

Para obter estes froitos foron imprescindibles moitos factores: a alianza entre a administración e o sector pesqueiro galego, que vogaron co mesmo rumbo, o traballo de documentación e análise científica e socioeconómica que a Xunta, trasladou ao Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, ademais do traballo de investigación sobre as capacidades extractivas dos caladoiros e a responsabilidade da acción dun sector comprometido coa viabilidade da actividade pesqueira.

Máis capacidade para a nosa pesca sempre será unha boa nova, sen esquecer que o reto segue a ser cambiar un sistema de reparto que nunca acaba de ser xusto coas posibilidades de Galicia. Todo isto e máis, merece unha frota que realizar un traballo esforzado e encomiable por facer da pesca un sector con máis futuro, que se esforza por recuperar a ilusión polo mar.

 

 

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2016
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Nov   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: