JOSE MANUEL BALSEIRO NOMEADO COMO VOGAL DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA FERROL-SAN CIBRAO
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, formará parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.
Así o establece hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) que recolle a resolución de nomeamento asinada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Formará parte deste órgano reitor, en calidade de vogal, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Balseiro agradeceu a confianza depositada polo Goberno de Galicia para asumir esta responsabilidade e comprométese “a traballar desde hoxe mesmo para reivindicar e tratar de conseguir un maior protagonismo desta provincia e da Mariña, nos proxectos, iniciativas e investimentos que realiza esta entidade”.