A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN PREMIA A DEZAOITO ESCOLARES LUCENSES NO CERTAME PROVINCIAL DE POESÍA SOBRE O NADAL
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe á entrega de premios na Biblioteca Nodal
- Nesta iniciativa participan 21 bibliotecas públicas da provincia e na fase local obtiveron recoñecemento 117 traballos
Lugo, 23 de febreiro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 18 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2016, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 20 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios celebrouse hoxe no salón de actos da Biblioteca Nodal e contou coa participación do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. Nese mesmo acto presentouse o libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.
O certame premiou este ano a 117 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
O delegado gabou a calidade dos traballos premiados e sinalou que o certame serve “para achegar aos rapaces ás bibliotecas”. Ao respecto, destacou “o labor dos bibliotecarios e bibliotecarias, que se implican neste certame e en numerosas iniciativas, que son un elemento de dinamización cultural e social indispensable no seu entorno”.
O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:
Categoría A (Ata 8 anos):
- Joaquín Carrera Fernández. 6 anos. Biblioteca de Foz
- Darío López Sanjurjo, 7 anos. Biblioteca de Ribadeo
- Eva Vázquez Martínez. 8 anos. Biblioteca Provincial
Accésits:
- Ángela García García. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
- Nerea González Nonide. 8 anos. Biblioteca de Ribadeo
- Samuel Prieto Hernández. 8 anos. Biblioteca de Xermade
Categoría B (9 A 11 Anos):
- Adriana Fernández Pazó. 10 anos. Biblioteca Provincial
- Claudia Carril Caballero. 11 anos. Biblioteca de Lourenzá
- Maria Irene Penas García. 11 anos. Biblioteca de Monforte
Accésits:
- Yaiza Guisande Fraga. 10 anos. Biblioteca do Saviñao
- Adriana Fernández Geada. 11 anos. Biblioteca de Foz
- Nara Ramos Freire. 11 anos. Biblioteca de Barreiros
- Saul Fernández Fernández. 11 anos. Biblioteca de Sarria
Categoría C (12 a 16 anos):
- Julia Rodríguez Menéndez. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
- Carís Hernández Eirós. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
- Elena Vilela Vázquez. 15 anos. Biblioteca de Sarria
Accésits:
- Nuria Devesa Núñez. 12 anos. Biblioteca Provincial
- Lucia Rodríguez Lanza. 12 anos. Biblioteca de Foz
Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.
O xurado da fase provincial estivo formado por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.