• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Muferga
Monforte »

Monforte

11, Xullo 2017 por Admin B

A XUNTA FACILITARÁ A CONTRATACIÓN DE 20 PERCEPTORES DA RISGA POLO CONCELLO DE MONFORTE QUE REFORZARÁN DURANTE SETE MESES O CADRO DE PERSOAL MUNICIPAL

14962633_1299920023380979_7685235244568805163_n

  • O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou en rolda de prensa que o Goberno galego financia a totalidade dos custes salariais e de seguridade social destas persoas
  • No caso particular do Concello de Monforte 12 traballadores formarán parte do programa de mantemento das zonas verdes, coidado de xardíns e atenderán o punto limpo, e 8 máis colaborarán no control de actividades culturais e de promoción económica que realice o concello

 

Monforte (Lugo), 11 de xullo de 2017.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionará ao Concello de Monforte a contratación de 20 perceptores da Risga (da renda de integración social de Galicia) que, durante o prazo de sete meses, se encargarán de reforzar diversas tarefas de interese e utilidade social.

Así o explicou esta mañá o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, en rolda de prensa na que tamén avanzou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa cronificación nunha situación de exclusión

En concreto, o Goberno galego achega para este fin máis de 230.000 euros que servirán para financiar a totalidade dos custos salariais destas persoas (incluída a cotización a Seguridade Social)

“Serán 20 veciñas e veciños de Monforte os que grazas a esta iniciativa do Goberno galego, pasarán de percibir a Risga a obter un salario polo traballo satisfeito” – un feito que Balseiro quixo poñer en valor tanto no ámbito social como no relativo á oportunidade laboral que representa.

No caso particular de Monforte, 12 traballadores formarán parte do programa de mantemento das zonas verdes, coidado de xardíns e atenderán o punto limpo, e 8 máis colaborarán no control de actividades culturais e de promoción económica que realice o concello.

Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da RISGA que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou dispoñan de máis de 45 anos.

A xornada laboral desta vintena de traballadores deberá ser do 75 por cento e as condicións do contrato serán as establecidas no convenio laboral correspondente ao posto de traballo que desempeñan.

O delegado territorial do Goberno galego concluíu incidindo en que esta medida ten como obxectivo conseguir a inserción laboral e a mellora da empregabilidade dos colectivos máis vulnerables, partindo da premisa de que a mellor política social é o emprego.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO, General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2017
    L M M X V S D
    « Xuñ   Ago »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: