Muferga

O MUFERGA VERÁ AMPLIADA A SÚA CAPACIDADE EXPOSITIVA COA REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DUNHA NAVE CONTIGUA AO ACTUAL MUSEO

 110717 Muferga.jpg

  • A fundación que preside o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tamén acordou nomear vicepresidente do Padroado ao alcalde de Monforte, José Tomé

Monforte (Lugo), 11 de xullo de 2017.- Esta tarde tivo lugar unha nova reunión do Padroado do Museo dos Ferrocarris de Galicia (Muferga) que preside do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Entre os principais acordos acadados nesta xuntanza salientamos os seguintes:

  • Procederase ao rehabilitación e mellora da nave contigua ao actual museo, reparando o chan e os cristais, así como outras actuacións que se estimen acaídas para poder converter esta instalación nun novo espazo expositivo, capaz de acoller novas coleccións e elementos que non forman parte da mostra expositiva habitual.
  • Acordouse, por unanimidade, o nomeamento como vicepresidente do Padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca coas atribucións e prerrogativas que establecen os estatutos vixentes
  • Solicitude ao pintor e galerista Joaquín Balsa que presente unha oferta polo miúdo da súa proposta de proxecto cultural que busca facer uso das instalacións do museo para realizar exposicións puntuais de pintura de artistas de fama internacional vinculadas ao mundo ferroviario ou non, que permitan achegar ao museo novos visitantes
  • Déuse o visto e prace ao convenio de colaboración que se asinará coa produtora do largometraxe “La Ley del Plomo” (título provisional) e que consistirán na cesión temporal das instalacións e diversa maquinaria propiedade do Muferga e, en particular, os seguintes elementos: Locomotora Mikado, furgón taller J350, coche Presidencial ZZ1e furgón J.3300 con garita gardafreos.