• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Mellora en estradas
Comprometidos con Navia de Suarna »

A Xunta con todos os concellos lucenses

18, Setembro 2017 por Admin B

A XUNTA DISTRIBÚE MÁIS DE 20 MILLÓNS DE EUROS ENTRE TODOS OS CONCELLOS LUCENSES PARA QUE OS INVISTAN NAS OBRAS E SERVIZOS QUE ESTIMEN NECESARIOS

 180917 FCooperacion2.JPG

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os criterios de reparto do Fondo de Cooperación Local son obxectivos, basados na poboación e pactados coa Fegamp

Lugo, 19 de setembro de 2017.- A Xunta de Galicia destina aos concellos de Lugo máis de 20 millóns de euros a través do Fondo de Cooperación Local, un programa de axudas que chega a todos os municipios e cuxa distribución atende a criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e baseados principalmente nos datos de poboación.

Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que engadiu que a Xunta incrementou este ano a dotación do Fondo de Cooperación en máis dun 3%.

O delegado insistiu en que este fondo non está condicionado nin vinculado á execución dunha obra ou servizo concreto, o que significa que “os concellos poden investilo no que estimen máis axeitado para os intereses dos seus veciños”.

“Son recursos -afirmou Balseiro- que buscan contribuír a que os concellos poidan continuar prestando os debidos servizos á cidadanía, mellorando as condicións de vida que satisfagan as necesidades dos seus veciños e o fagan sen necesidade de ampliar a carga impositiva que soporta a veciñanza”.

O delegado subliñou que “se hai un goberno que traballa por todos os veciños da provincia por igual, que se esforza por satisfacer as necesidades de todos os lucenses, vivan onde vivan, e con independencia da cor política do seu alcalde, este é o da Xunta”.

Neste sentido, Balseiro destacou que o Fondo de Cooperación “acredita xa unha longa traxectoria dando soporte ás arcas municipais” e afirmou que “existen diferencias evidentes co Plan Único da Deputación, entre elas o pleno respecto á autonomía municipal dado que o Fondo non establece ningún tipo de condición ao municipio con respecto ao destino do investimento”.

FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL 2017
Reparto do Fondo Base por concellos
Estaría pendente o reparto do fondo adicional que ascende a 2.236.227,01€ adicionais
Grupo 1 Concellos de Menos de 15.000 habitantes
Abadín 232.285,83
Alfoz 165.140,83
Antas 180.473,65
Baleira 189.544,27
Barreiros 189.271,43
Becerreá 238.101,23
Begonte 213.673,63
Bóveda 183.289,15
Carballedo 215.684,21
Castro 283.948,89
Castroverde 237.313,27
Cervantes 247.893,40
Cervo 207.872,72
Corgo 247.497,51
Cospeito 254.683,41
Chantada 387.250,96
Folgoso 199.536,12
Fonsagrada 381.431,74
Foz 416.838,61
Friol 323.896,07
Xermade 209.554,83
Guitiriz 350.592,70
Guntín 218.362,72
Incio 206.000,82
Xove 236.629,15
Láncara 197.633,20
Lourenzá 154.666,90
Meira 140.525,90
Mondoñedo 238.805,02
Monterroso 234.191,00
Muras 199.151,58
Navia 248.633,26
Negueira 134.598,69
Nogais 152.385,73
Ourol 198.832,44
Outeiro 269.603,60
Palas 276.334,17
Pantón 239.195,97
Paradela 172.123,56
Páramo 152.628,79
Pastoriza 246.623,47
Pedrafita 158.547,92
Pol 173.224,37
Pobra 209.593,71
Pontenova 204.853,04
Portomarín 177.231,02
Quiroga 328.323,56
Ribadeo 425.071,26
Ribas 140.932,35
Ribeira 138.465,88
Riotorto 145.382,09
Samos 189.322,78
Rábade 118.658,15
Sarria 536.501,71
Saviñao 285.813,83
Sober 204.829,78
Taboada 239.065,84
Trabada 156.193,93
Triacastela 132.795,78
Valadouro 193.883,88
Vicedo 166.592,57
Baralla 215.999,86
Burela 313.680,48
Grupo 2 Concellos de Menos de 15.000-50.000 habitantes
Monforte 732.751,83
Vilalba 919.251,58
Viveiro 532.069,73
Grupo 3 Concellos de Máis d 15.000-50.000 habitantes
Lugo 2.846.847,61

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, ORZAMENTOS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2017
    L M M X V S D
    « Ago   Out »
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: