• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« A Xunta con todos os concellos lucenses
Entrevista en Cope »

Comprometidos con Navia de Suarna

20, Setembro 2017 por Admin B

A XUNTA DESTINOU MÁIS DE 1,6 MILLÓNS DE EUROS AO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA PARA A MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS E A DINAMIZACIÓN DO SECTOR AGRARIO

 IMG_8825.JPG

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, supervisou as melloras realizadas en diversos tramos de acceso a fincas e explotacións de Vilameixide

Navia de Suarna (Lugo), 20 de setembro de 2017.- A Xunta de Galicia destinou nos últimos dous anos máis de 1,6 millóns de euros a mellorar as infraestruturas e servizos e impulsar o sector agrario no concello de Navia de Suarna.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizou este balance durante unha visita ás obras realizadas ao abeiro do Plan Marco, de mellora de camiños de titularidade municipal. Un programa que deixará preto de 110.000 euros en tres anualidades (2016-18) e cuxas obras máis recentes beneficiaron aos veciños de Vilameixide.

Os traballos realizados consistiron no arranxo de diversos tramos de acceso a fincas e explotacións agrogandeiras, que suman máis de 1 quilómetro de lonxitude. Nesta zona foi especialmente destacable o labor realizado cos noiros dalgunhas fincas, que presentaban risco de colapsar sobre o camiño. Foi preciso limpar os noiros, completar con peches de malla metálica e postes de formigón, e mesmo nalgún caso estabilizalos cunha pequena escolleira.

Balseiro destacou que “o Plan Marco é unha evidencia máis da aposta do Goberno da Xunta polos municipios rurais, que se concreta en fórmulas de colaboración cos concellos, o investimento nos servizos públicos, e axudas para os agricultores e gandeiros”.

Así, no caso de Navia de Suarna, explicou que a Consellería de Medio Rural financia traballos de desbroce, de infraestruturas de protección contra os lumes, ou tratamentos preventivos, que sumaron nas dúas últimas anualidades máis de 148.000 euros.

A través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o concello recibiu financiamento para a contratación de axentes de emprego e diverso persoal, tanto polo programa Aprol Rural como no obradoiro de emprego, cun investimento de 69.000 euros.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia entregará nas próximas semanas un vehículo tipo pick-up para emerxencias valorado en preto de 32.000 euros, para mellorar as dotacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Ademais, o concello de Navia recibe 248.600 euros do Fondo de Cooperación para que os destine aos servizos e obras que estime oportuno.

Polo que respecta ao investimento en servizos públicos, a Xunta realizou este verán melloras no colexio, sufraga o Servizo de Axuda no Fogar para persoas en situación de dependencia e a contratación de persoal para servizos sociais, e tamén desenvolve no municipio estratexias de sustentabilidade ambiental, ámbitos nos que investiu máis de 196.000 euros.

Por último, a axuda ao sector agrogandeiro reflíctese nos preto de 895.000 euros pagados no municipio en axudas da PAC, plans de mellora de explotacións ou incorporación de mozos á actividade agraria.

“En suma -afirmou Balseiro- atendemos ás necesidades reais dos municipios e respondemos con investimentos e colaborando nos proxectos que poden contribuír ao seu desenvolvemento económico e, con elo, ao obxectivo de fixar poboación no rural”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2017
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: