San Froilán 2017

BALSEIRO SUBLIÑA A SINGULARIDADE DO SAN FROILÁN, “UN DOS  ATRACTIVOS TURÍSTICOS MÁIS SALIENTABLES DO OUTONO EN GALICIA”

fiestas-de-san-froilan-2017-en-lugo-pulpo-1024x683.jpg

  • O delegado territorial da Xunta lembrou que Turismo de Galicia contribúe  con  20.000 euros ao financiamento das festas patronais de Lugo

Lugo, 4 de outubro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe que o San Froilán lucense “é sen dúbida un dos atractivos turísticos máis salientables do outono en Galicia”, e destacou a singularidade destas festas “que enchen as rúas da cidade de veciños e visitantes, e que estenden a súa capacidade de convocatoria a todo o mes de outubro grazas ás casetas do polbo”.

Balseiro lembrou que Turismo de Galicia contribúe con 20.000 euros ao financiamento das festas patronais de Lugo,  a través dun convenio asinado co concello.

O delegado aproveitou para desexar a todos os lucenses que disfruten o San Froilán e invitar a todos os galegos a achegarse a Lugo nestes días para “acompañarnos nas rúas e coñecer mellor o espléndido patrimonio monumental que sirve de marco ás festas”