• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Incendios
Castro de Rei »

Axudas incendios

30, Outubro 2017 por Admin B

A XUNTA ABRE MAÑÁ EN CERVANTES AS XORNADAS INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS PARA OS AFECTADOS POLOS LUMES

aaa.jpg

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que o Goberno galego busca ofrecer unha resposta áxil e rápida tanto aos particulares como aos concellos damnificados

 

Lugo, 31 de outubro de 2017.- A Delegación territorial da Xunta en Lugo quere chegar aos afectados polos incendios coa máxima axilidade e rapidez e por iso organizou e promoverá sesións informativas sobre as axudas para a reparación e compensación dos danos provocados polos lumes que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG)

A primeira das xornadas informativas terá lugar mañá mesmo, martes 31 de outubro, ás 20 horas, na Escola de Doiras, emprazada no termo municipal de Cervantes, lugar escollido por ser o concello que sufriu con maior intensidade a vaga de lumes.

Neste encontro técnicos das distintas consellerías explicarán, nunha sesión aberta a todos os afectados polos lumes, as axudas que os distintos departamentos autonómicos teñen en marcha para compensar os danos en vivendas, explotacións agrarias ou infraestruturas particulares, entre outros.

A Delegación Territorial ten previsto promover esta actividade noutros puntos da provincia tamén afectados polos lumes e, ao longo dos vindeiros días dará conta do calendario de charlas.

De xeito complementario desde a Delegación Territorial convocouse mañá mesmo aos alcaldes do concellos afectados para informalos tamén das axudas ás que poden acollerse as administracións locais.

Ademais, habilitarase unha liña específica e gratuíta que estará operativa todos os días da semana, sábados e domingos incluídos, das 8.00 ás 22.00 horas. A través do número de teléfono 900 81 54 00, a Xunta ofrecerá unha atención especializada ás persoas damnificadas, asesorándoas tanto nas súas relacións  coas correspondentes compañías aseguradoras como na preparación da documentación necesaria para presentar as solicitudes das diferentes liñas de axudas.

A orde de convocatoria de axudas publicada hoxe  prevé un investimento de máis de 11 millóns de euros.

 

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2017
    L M M X V S D
    « Set   Nov »
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: