• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hula
Comprometidos con Friol »

Comprometidos coa Pastoriza

28, Agosto 2018 por Admin B

A XUNTA DESTINA ESTE ANO 10 MILLÓNS DE EUROS AO IMPULSO DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DO CONCELLO DA PASTORIZA

280818 Poligono pastoriza.jpg

  • O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o polígono industrial deste municipio, onde a Xunta financiará a mellora na rede de saneamento
  • Balseiro subliñou que os investimentos en obras, servizos e axudas ao longo do 2018 supoñen máis do dobre do orzamento municipal 

A Pastoriza (Lugo), 28 de agosto de 2018.- A Xunta destina este ano investimentos por valor de 10 millóns de euros a promover actuacións encamiñadas ao desenvolvemento económico do concello da Pastoriza. Ata finais do 2018, o Goberno galego financiará no municipio diversas obras e servizos e concederá axudas dirixidas principalmente aos profesionais do medio rural.

Así o deu a coñecer esta mañá o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita ao polígono industrial, no que a Xunta, en colaboración co Concello, financiará obras de mellora na rede de saneamento, en concreto, coa creación dunha rede separativa de pluviais. Estes traballos contan cunha axuda de 115.000 euros e permitirán optimizar o funcionamento da depuradora.

Apoio ao rural

Con todo, a Xunta executou ou ten previsto executar ao longo deste ano outros moitos investimentos. A zona e os profesionais do medio rural do municipio serán destinatarios prioritarios destas achegas, tanto a través da execución de obras de mellora de camiños, valoradas en 78.000 euros, como da concesión de axudas directas a profesionais da actividade agrogandeira. A contía global destas achegas aos produtores ascende a oito millóns de euros.

Paralelamente, a Xunta achega un orzamento de 50.000 euros á promoción de plans de mellora de explotacións e programas de incorporación de mozos á actividade agraria.

O delegado tamén informou do apoio aos programas de ámbito social. Para este fin, a Xunta destina 118.000 euros ao sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes do concello da Pastoriza.

Pero na relación de investimentos é moito máis ampla e inclúe achegas dirixidas á creación de emprego (programas Aprol Rural e contratación de perceptores da Risga) que permitiron 4 contratacións por importe de 36.700 euros ou obras de mellora nos centros educativos (Ies Fonmiñá, reforma accesos e CEIP Bretoña, arranxo fachada) nas que se investiron 33.000

Unha das achegas máis relevantes, fóra das destinadas ao ámbito rural é o Plan de Cooperación Local polo que a Xunta achega, cada ano, máis de 123.300 euros ao Concello da Pastoriza, que pode despois destinar a impulsar distintas obras e servizos.

A modo de conclusión Balseiro subliñou que estes investimentos, que serán executados pola Administración galega ao longo do 2018, superan en máis do dobre o importe do orzamento anual do municipio chairego.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Agosto 2018
    L M M X V S D
    « Xul   Set »
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: