• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Sector lácteo

Comprometidos con Guitiriz

21, Xaneiro 2019 por Admin B

A XUNTA DESTINOU NO PASADO ANO 5,7 MILLÓNS DE EUROS AO CONCELLO DE GUITIRIZ PARA IMPULSAR O SECTOR AGROPECUARIO E MELLORAR DOTACIÓNS E INFRAESTRUTURAS

210119guitiriz

  • O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou o investimento de 450.000 euros en axudas sociais “no eido da igualdade, a inclusión e a dependencia”

Guitiriz (Lugo), 21 de xaneiro de 2019.- A Xunta de Galicia investiu no pasado ano 5,7 millóns de euros no concello de Guitiriz, en gran medida destinados a impulsar as explotacións agropecuarias, tanto con axudas directas como con actuacións para mellorar as infraestruturas rurais, nun municipio no que este sector é un piar económico fundamental.

Así o sinalou o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, durante unha visita a Becín, en Parga, onde o Goberno galego financiou o arranxo dun camiño de 1,5 quilómetros que conecta este núcleo e os de Moeiro e Abeledo, ademais de servir de acceso a numerosos espazos de interese, histórico, artístico e natural do municipio. O camiño tamén soporta abundante tráfico pesado pola proximidade das canteiras.

Balseiro explicou que se investiron 384.600 euros en obras como o reforzo de dúas pontes en Buríz e Pígara, tarefas de conservación no río Requeixo, a sinalización de recursos turísticos, ou melloras de cortalumes, pistas forestais e camiños de titularidade municipal, entre outros. Polo que respecta ás axudas para os agricultores e gandeiros, sumaron neste concello 4,1 millóns de euros.

O delegado subliñou especialmente o investimento de 450.000 euros en axudas sociais, para o desenvolvemento de accións “no eido da igualdade, a inclusión social e a dependencia”.

Neste apartado, o Goberno galego financia integramente o servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia que presta o concello, sufraga programas municipais para colectivos vulnerables ou de fomento da conciliación, e concede a particulares axudas para sufragar prazas en residencias ou a atención no seu domicilio. Tamén achegou financiamento para a rehabilitación da antiga casa dos peóns camiñeiros con fin de destinala a centro de día para persoas maiores.

Igualmente, a Xunta apoiou con 44.700 euros a contratación de cinco persoas por parte do concello e con 36.000 euros a tres empresas do municipio para o desenvolvemento de actividades non agrarias e industrias de transformación e comercialización.

Balseiro lembrou que tamén se realizaron importantes investimentos nos centros educativos e no fomento da cultura e o deporte, máis de 171.000 euros, así como na atención ás emerxencias, 230.700 euros destinados ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), Protección Civil ou efectivos para a prevención de incendios.

Por último, apuntou que o concello recibe da Xunta 350.600 euros a través do Fondo de Cooperación Local, “orzamento que pode destinar ás obras e servizos que considere prioritarios para os seus veciños e veciñas”.

O delegado concluíu lembrando que o investimento da Xunta no municipio supera nun 42 por cento o orzamento municipal total (que é de 3,3 millóns de euros). “O Goberno galego apoia de forma especial aos concellos rurais axudando a crear as condicións que permitan a dinamización económica e social e o establecemento de xente moza”, indicou.

 

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2019
    L M M X V S D
    « Dec    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: