• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Covid-19 información »

Covid-19

21, Marzo 2020 por Admin B

A XUNTA CONSTITÚE O POSTO DE MANDO AVANZADO DA PROVINCIA DE LUGO CO OBXECTO DE COORDINAR A MELLOR RESPOSTA PARA A PREVENCIÓN E SEGUIMENTO DA PANDEMIA POR CORONAVIRUS

90110216_2898595503569384_6102624743469350912_o

  •  O delegado territorial, José Manuel Balseiro, presidiu a primeira reunión deste organismo no que están integradas todas as consellerías e tamén representantes dos servizos de Emerxencia e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica

Lugo, 27 de febreiro de 2020.- A Delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a reunión de constitución do Posto de Mando Avanzado (PMA) da provincia de Lugo, un instrumento operativo que ten por obxecto coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu a primeira reunión da PMA no que están integradas todas as consellerías e, tamén en particular, os representantes operativos dos servizos de Emerxencia e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica.

Ademais dunha análise xeral da situación da provincia e do mellor xeito de dar resposta ás necesidades que presentan os distintos centros e persoal dependente da administración autonómica, a PMA encargarase de centralizar, en colaboración coa Fegamp, as necesidades dos concellos e prestar apoio ás funcións vinculadas coa actividade do COVID-19

A Delegación territorial da Xunta canalizará tamén as ofertas de doazón de material que poidan recibir as distintas consellerías por parte de empresas e particulares e organizar a distribución deste, cando se dispoña do mesmo, de acordo coas instrucións e prioridades establecidas polo Centro de Coordinación Operativa en Santiago (CECOPI) e as autoridades competentes.

Traballo continuo en todos os ámbitos
“A Xunta traballa sen descanso –tanto con medios sanitarios como non sanitarios- para impulsar medidas para loitar contra o virus e estar preparados para facerlle fronte en todos os ámbitos, e tamén para apoiar a quen máis o precisa e que non sufra un dano aínda maior a consecuencia desta situación de emerxencia”-dixo Balseiro

O delegado territorial puxo en valor o acordo do Consello da Xunta celebrado onte que supuxo a mobilización inmediata de 380 millóns de euros para loitar contra o virus e apoiar a quen máis o precisa no eido económico e social. E salientou que se introducirán reforzos inmediatos no ámbito sanitario e tamén en apoio de particular, empresas o autónomos que se vexan golpeados pola crise.

Balseiro quixo lembrar tamén que ata o próximo venres, día 27, está aberto un proceso para que, si algunha empresa de Galicia e, en particular, da provincia de Lugo, cre que pode fabricar ventiladores, mascarillas, gafas de protección ou vestimenta axeitada para o profesional sanitario, así o comunique directamente á Xunta e, deste xeito, a Axencia Galega de Innovación libere os fondos que sexan necesarios para que estas empresas poidan empezar a fabricalos.

Fonte: xunta.gal

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR, General, SEGURIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2020
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Dec   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: