• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Residencias
Axudas a autónomos »

Lugo

7, Abril 2020 por Admin B

A XUNTA PIDE A LARA MÉNDEZ QUE ACLARE “SE QUERE OU NON” O MATERIAL DE PROTECCIÓN REMITIDO AO CONCELLO DE LUGO PORQUE HAI OUTROS CONCELLOS INTERESADOS NO SEU USO

carta

  • O delegado territorial di que municipios como Friol, Outeiro de Rei o As Nogais estarían dispostos a facer uso do material rexeitado, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade.
  • A Xunta seguirá co subministro periódico de equipos para apoiar a protección do persoal que traballa nos servizos esenciais dos concellos galegos, incluído o de Lugo

Lugo, 6 de abril de 2020.-O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, pediu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que aclare o antes posible “se quere ou non” o material de protección contra o coronavirus remitido pola administración autonómica ao Concello de Lugo xa que, de rexeitalo “hai outros concellos interesados no seu uso”

Balseiro lembra que todo o material remitido cumpre coa lexislación vixente e pode empregarse en condicións de seguridade, incluso algunha das mascarillas FFPP-2 enviadas, que tiñan superada súa vida útil recomendada, xa que o propio Ministerio de Sanidade avala a posibilidade de utilizalas tras corroborar o seu bo estado cunha inspección visual, como así se fixo.

Concretamente, así está recollido no documento “Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte  á exposición ao SARS-COV-2”, versión de 30 de marzo de 2020, coordinado pola Subdirección xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral,  da Dirección xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade.

Para o caso de que o Goberno local decida renunciar a este material o delegado pide á alcaldesa que indique o lugar e horario no que pode recollerse, para que pasen a retiralo algúns dos municipios interesados no seu uso e, en particular, cita as peticións realizadas por Friol, Outeiro de Rei e As Nogais, entre outros.

Con todo, en caso de renuncia, a Xunta non suspenderá a subministración deste material de protección ao Concello de Lugo, “por responsabilidade” xa que considera que ante as dificultades de atopar estes equipos, o apoio da Xunta é esencial para a mellor protección do persoal que presenta servizos básicos municipais. De feito, hoxe mesmo o Concello de Lugo recibía un segundo envío de material que se completará periodicamente no futuro.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2020
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: