• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comercio
Viños da Ribeira Sacra »

O Vicedo

27, Abril 2020 por Admin B

A XUNTA ACTIVA A LIÑA DE APOIOS PARA QUE OS TRABALLADORES AFECTADOS POR UN ERTE POIDAN SOLICITAR O ANTICIPO SE AÍNDA NON COBRARON AS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO DO GOBERNO CENTRAL

240420 ERTES Vicedo

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro por videoconferencia cunha vintena de comerciantes e empresarios do Vicedo na que tamén participou o alcalde, promotor da iniciativa
  • A xuntanza serviu tamén resolver dúbidas e trasladar as distintas liñas de apoio que o Goberno galego ten en marcha para contribuír a superar o impacto, nos distintos negocios, da crise do coronavirus

O Vicedo (Lugo), 27 de abril de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro a través de videoconferencia cunha vintena de comerciantes e empresarios do Vicedo, unha iniciativa impulsada pola administración autonómica a petición do Concello desta localidade.

A xuntanza tiña unha dobre finalidade: por unha banda, escoitar as distintas demandas e resolver dúbidas que formularon os participantes e, pola outra, trasladar as distintas liñas de apoio que o Goberno galego ten en marcha dirixidas ás empresas e autónomos para contribuír a superar o impacto da crise do coronavirus.

Hoxe en particular, como principal novidade, o delegado avanzou que a Xunta vén de activar o prazo de solicitude da nova liña de apoios para que os traballadores acollidos a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte), xa autorizado, e que aínda non cobraran as prestacións por desemprego do Goberno central, poidan recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750.

Balseiro explicou que, polo momento, xa contan coa adhesión de tres entidades bancarias a esta iniciativa: Abanca, Caixa Rural e o Banco Sabadell. Con todo, a solicitude deste anticipo é moi sinxela, e debe realizarse a través da propia empresa acollida ao Erte. Pode obterse máis información, sobre este procedemento, no teléfono gratuíto 900 815 600 e na web específica habilitada no portal de Emprego Galicia.

No caso do Vicedo son seis as empresas que se acolleron a un Erte por causa de forza maior, fundamentalmente motivada polo peche obrigado da súa actividade durante o período de alarma, e a Xunta autorizou estes seis expedientes, polo que os traballadores poderían acollerse a esta liña de anticipos promovida polo Goberno galego.

Préstamos co tipo de interese subvencionado

Outro dos apoios máis demandados é información sobre os préstamos que a Xunta, a través do IGAPE puxo en marcha. Falamos de axudas dirixidas a proporcionar liquidez inmediata para as empresas (con independencia do seu tamaño) ou autónomos. As contías pode ser de entre 3.000 e 200.000 euros, cun prazo de amortización de ata 4 anos e 1 ano de carencia. A Xunta, neste caso, subvenciona o 100% dos tipos de interese.

A preguntas dos representantes de empresarios, Balseiro aclarou que estes préstamos poden destinarse tamén ao pago de débedas vencidas (incluídas as tributarias), salarios, reformas en locais para adaptalos as novas condicións sanitarias, compra de material (incluídos equipos de protección individual) ou a calquera outra necesidade de liquidez da empresa beneficiaria.

Cómpre lembrar que o prazo de solicitude destes préstamos remata o 30 de setembro, malia que o número de solicitudes é moi elevado, polo que é importante realizar os trámites canto antes para evitar que se esgote a partida de 250 millóns de euros asignada para estes apoios.

A xuntanza tivo moi boa acollida entre as empresas e comercios participantes que agradeceron á Xunta e ao Concello a iniciativa de convocar este encontro por medios telemáticos no que tamén estiveron presentes distinto persoal técnico das consellerías de Economía, Emprego e Industria, Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2020
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: