Concello de Lugo

A XUNTA LEVA ENTREGADAS AO CONCELLO DE LUGO 46.400 UNIDADES DE PROTECCIÓN PARA FACER FRONTE AO COVID-19 DENDE O COMEZO DA CRISE SANITARIA

image_gallery

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que hoxe se está a realizar un cuarto envío con 7.200 unidades, sobre máscaras e guantes pero tamén traxes ou xel desinfectante

Lugo, 28 de abril de 2020.- A Xunta de Galicia está a realizar hoxe a cuarta entrega de material de protección contra o COVID-19 ao concello de Lugo. Con esta nova achega, elévanse a máis de 46.000 as unidades de protección subministradas ao municipio da capital dende o comezo da crise sanitaria, entre elas 28.000 guantes, 17.500 máscaras cirúrxicas e 575 máscaras FFP2.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que nesta ocasión remítense ao concello 7.200 unidades: 3.500 guantes, 3.500 máscaras cirúrxicas, 115 máscaras FFP2, 58 traxes, 30 pantallas faciais e 30 batas.

Estes elementos están destinados especialmente para uso do persoal municipal que continúa prestando servizos básicos, como os traballadores sociais, Policía Local ou transporte público, entre outros.

A Xunta continuará coa subministración periódica de elementos de protección aos concellos  desde a plataforma loxística que puxo en marcha ante a situación de emerxencia para   axilizar o proceso e centralizar a adquisición e reparto dos equipos.

 

 

 

 

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA DELEGACIÓN TERRITORIAL