• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Viños da Ribeira Sacra
Concello de Lugo »

Sector pesqueiro

28, Abril 2020 por Admin B

A XUNTA TRASLADA AO GOBERNO CENTRAL A NECESIDADE DUN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ESPECÍFICO PARA OS CASOS DE POSIBLES ENFERMOS POR CORONAVIRUS A BORDO DOS BUQUES DE PESCA

280420 Pesca Burela II

  • O delegado territorial mantivo unha reunión por videoconferencia con representantes da sociedade de armadores de Burela, ABSA, e da organización de produtores pesqueiros, OPP-07
  • O Igape ten marcha unha liña de apoios para a industria marítimo pesqueira con préstamos da ata 200.000 euros e con xuros subvencionados ao 100% pola Xunta
  • O porto de Burela concentra obras por importe de 1,3M€: a construción do novo martelo, xa en marcha, e a remodelación da nave de redes, en proceso de contratación

Burela (Lugo), 28 de abril de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con Miguel Neira, da sociedade de armadores de Burela, ABSA, e con Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo.

A xuntanza, enmarcada na rolda de contactos con representantes do tecido empresarial, e social da provincia, terá continuidade nos vindeiros días con outras sociedades de armadores e confrarías, e serve para  resolver dúbidas e darlles conta dos distintos apoios que a Xunta promove para o sector do mar como consecuencia da crise sanitaria por coronavirus.

Un dos aspectos que máis preocupa á flota é a xestión da incidencia do covid-19 e, nese senso, Balseiro explicou que a Xunta vén  de demandar ao Goberno central a habilitación dun protocolo de actuación específico para os casos de posibles enfermos por coronavirus a bordo dos buques, unha petición que o propio sector demandou como prioritaria.

A experiencia acontecida no buque Carla, de bandeira francesa pero atracado no porto de Burela, esixe revisar o procedemento a seguir nestes casos para evitar que derive nunha atención ineficiente ou en esperas prolongadas nos peiraos por dilacións ou por adiantos nas comunicacións de chegada aos portos das embarcacións afectadas.

A Xunta está disposta a colaborar co Instituto Social da Mariña (ISM), que é o competente na materia, para axilizar calquera trámite neste sentido e poder contar cun protocolo o antes posible dado que así o solicita o propio sector afectado, con milleiros de profesionais que desenvolven o seu labor a bordo de buques pesqueiros.

Balseiro insiste na necesidade de que a frota e as propias administracións poidan ter claras as pautas de comportamento durante a estancia do buque no mar, no momento do traslado a terra dos tripulantes e tamén nos períodos previos ao embarque.

Liñas de financiamento sen xuros

O encontro tamén serviu para trasladar datos sobre a liñas de préstamos e apoios á industria marítimo-pesqueira, postas en marcha pola Xunta a través do IGAPE. Son créditos para garantir a viabilidade das empresas deste sector, ou as necesidades puntuais de liquidez nas que se poidan incorrer.

O prazo de amortización desta liña de préstamos pode ser de ata 4 anos, con un de carencia, e o crédito solicitado pode chegar ata os 200.000 euros. Un dos aspectos que maior vantaxe ofrece respecto doutras liñas de apoio é que os tipos de interese quedan ao 0% xa que os asume a Xunta.

Taxas portuarias

Outra das medidas de apoio tratadas son a flexibilización do pago das taxas nos peiraos autonómicos. Portos de Galicia adía a emisión de novas facturas ata dous meses despois de que remate o estado de alarma.

A Xunta adopta esta medida co obxectivo de aliviar posibles tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e favorecer que teñan liquidez para manter a actividade unha vez superada esta situación.

Obras en marcha

Finalmente o encontro serviu para pasar revista á situación das obras que a Consellería do Mar promove no porto de Burela, que suman un global de 1,3 millón de euros. Está en marcha a construción do novo martelo, que recuperou o ritmo de traballos habitual e continúa o proceso de contratación da obra de remodelación integral da antiga nave de redes.

Ambos casos son actuacións moi demandas polo sector pesqueiro, a primeira delas para mellorar as condicións de abrigo e operatividade do porto e, no relativo á nave de redes, para contar cunhas instalacións máis modernas e eficaces de cara ao seu uso polos profesionais do sector pesqueiro local.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2020
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: