• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Concello de Lugo
Empresarios Vilalba »

Xeodestinos

29, Abril 2020 por Admin B

A XUNTA ULTIMA UN PLAN DE REACTIVACIÓN CULTURAL E TURÍSTICO DOTADO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 25 MILLÓNS DE EUROS

Xeodestinos

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza cos representantes dos xeodestinos da Mariña, Ribeira Sacra e Ancares-Courel e do Xeoparque Montañas do Courel
  • O sector presentou nas últimas semanas 1326 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego na provincia, e todos foron aceptados excepto un

Lugo, 29 de abril de 2020.- A Xunta de Galicia está ultimando un plan de reactivación autonómico para os sectores cultural e turístico, cun investimento de máis de 25 millóns de euros, co obxectivo de minimizar o impacto extraordinario que a parálise causada polo coronavirus supón na súa actividade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia cos representantes dos xeodestinos da Mariña Lucense, Ribeira Sacra e Ancares-Courel así como do xeoparque Montañas do Courel, na que se expuxo a situación de partida e se valoraron as medidas a adoptar.

Balseiro explicou que nas últimas semanas presentáronse na provincia de Lugo 1326 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTES) procedentes de empresas do sector turístico, e todos foron aceptados excepto un; afectaron a 4830 traballadores, deles 4745 con suspensión de contrato e o resto con redución de xornada. O sector representaba o 10,4% do PIB e o 11% do emprego da Comunidade galega antes do inicio da crise do coronavirus.

De cara á reactivación do turismo, o delegado afirmou que será clave “traballar na promoción de Lugo como destino seguro”, e entre as primeiras medidas subliñou o desenvolvemento dun Plan de seguridade hixiénico sanitaria para intensificar a confianza de traballadores e usuarios, ou o Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), que está a ser moi ben acollido polo sector, pois conta xa cunha quincena de cursos e máis de 2.000 inscritos.

Ao longo das últimas semanas, a Consellería de Cultura e Turismo recompilou as achegas de diversos axentes co fin coñecer as súas necesidades e telas en conta á hora de poñer en marcha as distintas iniciativas que formarán parte do Plan de Reactivación, dotado con fondos autonómicos e que será remitido a outras administracións para enriquecerse coas súas achegas. Neste sentido, será necesaria unha intensa colaboración público-privada para traballar no día despois, con medidas no curto, medio e longo prazo.

Balseiro lembrou que o Plan de reactivación para os sectores cultural e turístico da Xunta deberá ir acompañado dun plan nacional, algo xa solicitado ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2020
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: