Residencias Deputación

A XUNTA REALIZA UN NOVO ENVIO, O CUARTO, CON MÁIS DE 5.819 UNIDADES DE PROTECCIÓN DIRIXIDAS ÁS CATRO RESIDENCIAS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

 

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que inclúe luvas, mascarillas, batas, botes de hidroxel e desinfectante
  • Desde o inicio da crise sanitaria a Xunta ten distribuídas máis de 22.700 unidades de protección nas residencias de Pol, Trabada, A Fonsagrada e Ribadeo

 Lugo, 7 de maio de 2020.- A Xunta de Galicia formaliza nesta semana un novo envío de material de protección contra o coronavirus dirixido ás catro residencias que ten integradas na súa rede a Deputación provincial de Lugo, isto é, os centros residenciais de Pol, Trabada, A Fonsagrada e Ribadeo.

Nesta ocasión, son 5.819 unidades de protección, que consisten en 3500 luvas, 2.200 mascarillas cirúrxicas, 81 batas, 26 botes de xel hidroalcohólico, 12 garrafas de desinfectante.

Trátase da cuarta ocasión na que o Goberno galego distribúe este material de protección que busca mellorar as condicións de seguridade dos profesionais que traballan nestes centros de atención a persoas maiores.

Co envío desta semana son xa 22.776 as unidades de protección distribuídas a estes centros, que suman, 12.800 luvas, 9.450 mascarillas cirúrxicas, 133 botes de xel hidroalcohólico, 84 garrafas de desinfectante, 59 mascarillas FFP2, 52 batas impermeables, 52 mandís, 17 pantallas faciais de protección e 119 batas de Inditex.

Para a distribución emprégase a nova plataforma loxística posta en marcha pola Xunta, que  permite que as achegas se reciban directamente nos centros e residencias, sen necesidade de desprazamento.