O delegado territorial mantivo unha videoconferencia cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense
A XUNTA IMPULSA UNHA CAMPAÑA PARA FORMENTAR O CONSUMO DE PRODUTOS DO MAR E IMPULSAR OS PREZOS DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS
- Administración autonómica e central avanzan no deseño dun protocolo de actuación específico para posibles casos de positivo entre o persoal embarcado e para a realización de test previos ao embarque, peticións ambas lideradas pola Xunta
- A administración autonómica autorizou 15 ERTEs, o cen por cen dos solicitados no ámbito do sector pesqueiro, que afectaron a 94 traballadores