• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Cortas de madeira
Axudas ao alugueiro »

AELU

22, Maio 2020 por Admin B

BALSEIRO EXPLICA AO COLECTIVO DE MULLERES EMPRESARIAS DE LUGO AS AXUDAS DA XUNTA PARA IMPULSAR A DIXITALIZACIÓN DE AUTÓNOMOS, COMERCIO E PEMES NO RURAL

O delegado territorial destacou que unha das medidas do Plan de dixitalización aprobado polo Goberno galego destina 3M€  para avanzar na transformación dixital da economía social e dos proxectos empresariais que se desenvolven no rural

Subliñou “o peso do emprendemento feminino no rural galego e a diversidade de proxectos empresariais liderados por mulleres”

Lugo, 22 de maio de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza telemática coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo para trasladarlles as novas iniciativas que o Goberno galego está activando para iniciar a recuperación económica e abordar a situación derivada da crise do coronavirus.

No transcurso da xuntanza, Balseiro subliñou “o peso do emprendemento feminino no rural galego” e “a diversidade de proxectos empresariais” que encabezan as mulleres. Nese sentido, lembrou que máis do 57% da actividade emprendedora da Comunidade está liderada por mulleres.

No encontro participou a presidente do colectivo, Beatriz Varela, e 12 emprendedoras máis. O delegado, que estivo acompañado por persoal técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), destacou que unha das medidas do Plan de dixitalización aprobado pola Xunta destina 3 millóns de euros para avanzar na transformación dixital da economía social e dos proxectos empresariais que se desenvolven no rural.

En concreto, sinalou que entre os apoios que se concederán a través deste plan dirixido a comercio, autónomos e pemes figuran os encamiñados a impulsar o emprego de tecnoloxías dixitais no rural que permitan implantar iniciativas como sistemas de control de aforo, ciberseguridade ou conexión a internet. Estas axudas poderán cubrir o 80% do investimento (ata 9.600 euros).

O Plan de dixitalización do Goberno galego está dotado con 23,5 M€ para facilitar a reactivación das pequenas e medianas empresas e do comercio, co fin de que  poidan incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado do Covid-19. Ademais dos apoios mencionados, prevé destinar axudas por importe total de 6,5 millóns para dixitalización das pequenas e medianas empresas; 4 millóns de euros para apoiar solucións tecnolóxicas que faciliten o teletraballo; 6 millóns de euros para internacionalización; e 4 millóns de euros para impulsar a innovación e dixitalización do comercio de proximidade.

Así mesmo, Balseiro destacou que neste contexto é moi importante que a empresas e autónomos poidan acceder a información e teñan ao seu alcance un servizo de consulta onde poder asesorarse. Ao respecto, salientou que a Xunta puxo en marcha o programa  Igape Responde, que lles ofrece unha xanela única onde encontrar apoio personalizado en asuntos como a busca de financiamento, a reorganización operativa, a dixitalización e a innovación, o teletraballo ou a oferta comercia

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2020
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: