• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« 4 anos
Opinión »

Opinión

17, Xullo 2020 por Admin B

DANO IRREPARABLE Á MARIÑA

103959862_2636563709951541_7350790095752260215_n

 

Hai quen compara unha campaña electoral cunha contrarreloxo na que o importante é chegar na mellor posición no menor tempo posible. Outros, entre os que me inclúo, pensamos que a cita coas urnas é máis ben unha carreira de fondo, na que a cidadanía examina a traxectoria de cada quen ao longo da lexislatura e as propostas de futuro que presenta.

Os partidarios da primeira idea, a da contrarreloxo, non escatiman en recursos durante os quince días de campaña para desacreditar ao adversario, aínda que teñan que facer uso das artimañas máis detestables: de enganos, de bulos, faltar dun xeito deliberado á verdade só con fins electoralistas.

Vímolo nas pasadas semanas na Mariña cando un grupo de alcaldes, todos eles da oposición, saíron en coro baixo o pretexto do rebrote de coronavirus para asegurar pouco máis que a Xunta buscaba o contaxio masivo por querer manter as eleccións, no momento e coas garantías que marcaron os expertos sanitarios.

Escoitámoslles a moitos deles declaracións grandilocuentes, incluso nos medios de comunicación de ámbito nacional, nas que aseguraban que organizar unhas eleccións era comportarse como carniceiros e que non se daban as garantías para evitar enfermar da covid-19, porque na Mariña o brote estaba descontrolado.

O que lograron foi meter medo a moita xente, que os turistas fuxiran da Mariña e que moitos conveciños, aplicando a prudencia ante a situación alarmante que describían, non saíran das súas casas co consecuente impacto nos comercios, establecementos turísticos e de hostalería. Son responsables dun novo golpe á situación económica da Mariña, xa impactada durante o estado de alarma e polas incertezas laborais da nosa principal industria.

Falaban contra a Xunta e contra Feijóo porque había eleccións. Porque o medo sempre é unha arma de desgaste, que tamén empregaron no seu día dando por seguro un falso peche do Hospital da Mariña. Curiosamente son os mesmos que perderon a forza e a capacidade reivindicativa durante a mala xestión da pandemia polo goberno amigo en Madrid ou ante a sucesión de desprezos que desde La Moncloa facían á comarca. Daquela todos eles estaban mudos.

Agora, coincidimos na urxencia de poñer en marcha un plan de reactivación, apoio e compensación que evite o peche de moitas empresas ou a perda de empregos. Sen dúbida precisará do concurso de todas as administracións. Pero tamén sería bo ter actuado con máis sentidiño, ser máis responsables e estar á altura dos cargos que circunstancialmente nos toca ocupar, porque atopémonos ou non en campaña contra o adversario político non todo vale.

A Mariña sairá desta, superaremos a pandemia sanitaria e a crise económica e laboral conseguinte. Pero, por se as urnas non o deixaron claro, os alcaldes e alcaldesas do medo non miraban pola veciñanza, senón polos seus intereses partidistas. Agardo que teñan aprendido as consecuencias das súas palabras. E, neste caso concreto, o dano irreparable que un actuar tan irresponsable pode provocar.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2020
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Xuñ   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: