• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Iniciativa parlamentaria: bonito do Norte »

Sanidade pública na Mariña

22, Outubro 2020 por Admin B

Feijoo anuncia a licitación da nova ampliación do hospital, con 15 millóns de orzamento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a aposta en servizos, equipamentos e infraestruturas é unha constante nos hospitais comarcais que, na última década, creceron en case 14.000 metros cadrados.

Durante unha visita ao desenvolvemento das obras de ampliación do Hospital da Mariña, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, Feijóo aseverou que a renovación integral do Servizo Galego de Saúde será unha prioridade absoluta nesta lexislatura. E, ao respecto anunciou a licitación do proxecto da Fase 2 en canto entren en vigor os orzamentos de 2021, para así poder iniciar a obra en canto o proxecto estea entregado ao Sergas.

O responsable do Goberno galego precisou que, cunha achega de 15 millóns de euros, a Fase 2 permitirá a construción dun novo edificio anexo de 2 plantas, cunha superficie suficiente para albergar: o servizo de mantemento, a unidade de prevención de riscos laborais e o salón de actos e dependencias de docencia.

Por outra banda, levarase a cabo tamén a reforma doutras áreas do edificio actual, como as de pediatría e críticos, a área policlínica e consultas externas, saúde mental ou rehabilitación.

“A reforma do Hospital da Mariña está en plena faena”, dixo, lembrando que a Fase 1, cun investimento total de máis de 13 millóns, xa está rematada. Así, desde 2018, o Hospital conta cun novo edificio anexo ao edificio actual, no que se trasladaron o hospital de día, diversas consultas externas, a zona de hospitalización e a farmacia; ademais dun novo edificio de aparcadoiro de dúas alturas, cun heliporto na súa cuberta.

Así mesmo, na segunda parte da Fase 1: finalizouse a renovación de máis de 1.000 metros cadrados de hospitalización, que posibilita acoller 28 habitacións individuais e incrementar a capacidade de hospitalización un 11,5%; na planta baixa actuouse na área de diálise, extracción e administración; e levouse a cabo a mellora da iluminación e de envolventes térmicas.

“En definitiva, con esta Fase 1 rematada, o Hospital conta xa con preto de 9.500 metros cadrados máis de superficie a pleno rendemento, un 54% máis do que xa tiña”, dixo, referíndose, dentro do investimento total de máis de 13 millóns de euros á achega de preto de 2 millóns de euros para a adquisición de equipamento de diagnóstico e tratamento.

Feijóo concluíu destacando que os veciños da Mariña que dependen deste Hospital están vendo como se está facendo realidade practicamente un novo complexo: “Con 28 camas máis que en 2009, aténdense 6.000 consultas máis nun ano que entón, realízanse 260 intervencións cirúrxicas máis e o tempo de espera cirúrxica baixou a 43 días”, explicou.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2020
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Xul   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: