Pensións

No conxunto da comunidade este apoio do Goberno Feijóo beneficiará a arredor de 38.000 galegos e a 750 familias na comarca da Mariña

Balseiro salienta que a Xunta abonará unha “paga extra” de 206 euros a preto de 4.700 lucenses perceptores de pensións non contributivas

Balseiro

• Este complemento autonómico aboarase de oficio nos primeiros dez días de xaneiro

Lugo, 30 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, explicou que máis de 4.600 familias da provincia de Lugo, beneficiarias dunha pensión non contributiva, volverán a recibir da Xunta o ano próximo –en 2021- unha paga extraordinaria adicional de 206 euros.

Esta axuda responde a unha iniciativa promovida polo Goberno galego, que preside Alberto Núñez Feijóo, e ten por obxectivo servir de complemento a aqueles galegos que dispoñan deste tipo de pensións, as máis baixas.

SEN TRÁMITES ADICIONAIS
A Xunta investirá preto de 8 millóns de euros nestas axudas no conxunto da comunidade que, segundo aclara Balseiro, se abonarán mediante un pagamento único a través dunha transferencia bancaria que se realizará de oficio nos primeiros dez días de xaneiro.

O pagamento efectuarase nas contas correntes onde estas persoas teñen domiciliado o recibo ordinario da súa pensión, polo tanto, os beneficiarios non teñen que realizar ningún tipo de solicitude ou trámite adicional e o ingreso efectuarse de xeito automático.

Para recibir este complemento é preciso ter residencia habitual en Galicia.

GALICIA SOLVENTE
Actualmente Galicia é unha das poucas comunidades que, grazas á súa situación de solvencia e compromiso con estas persoas, manteñen un complemento destinado a este colectivo. Ademais a nosa é unha das rexións que abona a contía máis elevada aos beneficiarios.

PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS
Entre os perceptores atópanse os pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo e beneficiarias de axudas periódicas, e as persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Son precisamente estas tres modalidades de pensión non contributiva, nas que a lexislación vixente e a reiterada xurisprudencia dos tribunais, permiten que a Xunta poda abonar un complemento a través destas axudas.

750 FAMILIAS DA MARIÑA LUCENSE
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística na Mariña lucense hai preto de 750 beneficiarios de pensións non contributivas xa sexan estas recoñecidas en concepto de invalidez ou de xubilación. En todos estes casos o complemento da Xunta sumarase a contía abonada pola Seguridade Social.

No conxunto da comunidade son máis de 38.000 galegos os beneficiarios dunha pensión destas características e, polo tanto, os que recibirán o ano próximo este suplemento da Xunta.

SAÚDOS,