Polígono do Corgo

A XUNTA INICIARÁ EN XUÑO A TRAMITACIÓN DO PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DO CORGO

O delegado da Xunta en Lugo explicou que o IGVS prevé licitar as obras en 2022 e poñer as parcelas a disposición das empresas en 2023

Lugo, 6 de maio de 2021.- No próximo mes de xuño a Xunta de Galicia iniciará a tramitación do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial de O Corgo (Lugo) e en 2022 iniciaranse as obras de urbanización da ampliación, segundo anunciou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo.

Javier Arias sinalou que “A previsión da Xunta de Galicia é licitar as obras en 2022, para que en 2023 rematen os traballos de urbanización da ampliación do parque empresarial e se poñan as parcelas a disposición das empresas interesadas”.

Na actualidade o IGVS traballa en tres vías diferentes na ampliación do parque empresarial. Dunha parte, estase a avanzar na modificación do Plan sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia para axustar o ámbito do parque no mesmo. Doutra, estanse a realizar os traballos técnicos que permitirán a ampliación do parque empresarial e, finalmente, estase a colaborar co Concello do Corgo para garantir as conexións exteriores do ámbito.

O orzamento de Xestur para 2021 inclúe unha partida de 200.000 euros para a execución de traballos técnicos e a adquisición de terreos. Neste sentido, se iniciará proximamente una fase de adquisición de solo en mutuo acordo aos propietarios do mesmo, na procura de axilizar o desenvolvemento do ámbito. A superficie total da ampliación acadará os 201.703 metros cadrados.