Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘BENESTAR’ Category

Monterroso-Benestar

Jose Manuel Balseiro pon de relevo que a xestión do Goberno local foi en todo momento incompetente: por non adecuar as instalacións construídas á normativa vixente e por negar aos veciños e aos usuarios potencias deste centro os servizos que prometeu

A XUNTA CONFIRMA, A PREGUNTAS DO GRUPO POPULAR, QUE O ALCALDE DE MONTERROSO RENUNCIOU Á RESIDENCIA PARA PERSOAS MAIORES

 Balseiro

  • O Goberno galego confirma que o rexedor foi advertido polos servizos de inspección da Xunta ata en dúas ocasións das deficiencias detectadas nas instalacións pero, pese a ter un amplo prazo para facelo, non quixo corrixilas, facendo inviable a autorización do novo centro como residencia
  • Lorenzana Somoza explicou tamén que a día de hoxe o Concello non ten acreditado tampouco diante da inspección da Xunta as melloras que debería introducir no centro para ser autorizado definitivamente como vivenda comunitaria

  (máis…)

Read Full Post »

Centro de Celeiro

O secretario do Parlamento galego sinala que a administración autonómica quere mellorar os apoios ás persoas que sofren a enfermidade e as súas familias

BALSEIRO DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA COA A ATENCIÓN DE CALIDADE AOS ENFERMOS DE ALZHÉIMER NA MARIÑA

 Balseiro

  • A Xunta anuncia un investimento de 866.151,24 euros para a  contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos complementarios de atención diúrna e programas comunitarios para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas de xeito conxunto para os centros de Celeiro e O Porriño

  (máis…)

Read Full Post »

Paga extra: pensionistas

O deputado popular e secretario da Mesa do Parlamento valora moi positivamente o anuncio do Presidente galego, Alberto Núñez Feijóo

BALSEIRO SINALA QUE A XUNTA VOLVERÁ A ABONAR EN 2014 O COMPLEMENTO DE 206 EUROS ÁS MÁIS DE 5.300 FAMILIAS LUCENSES QUE SON BENEFICIARIAS DUNHA PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA

529651_417286685033624_299129873_n

  • O Goberno galego outorga esta axuda adicional por quinto ano consecutivo e, en plena crise económica
  • O complemento abonado pola Xunta é o que maior contía ten de todas as comunidades autónomas españolas

  (máis…)

Read Full Post »

O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, acusou ao dirixente socialista de faltarlle ao respecto aos parados por discriminalos en función do concello no que residen e lembrou que 43 dos 67 municipios da provincia non poderán beneficiarse deste plan

OITO DE CADA DEZ LUCENSES QUEDARÁN EXCLUÍDOS DO PLAN DE EMPREGO QUE BESTEIRO VÉN DE IMPULSAR NA DEPUTACIÓN DE LUGO

Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo

 

  • Balseiro explicou que Besteiro non dixo a verdade no Parlamento xa que o bipartito provincial ademais de excluír aos concellos lucenses que superen os 5.000 habitantes deixa fóra do plan de emprego a outros 30 concellos de menor poboación
  • Balseiro censura a falta de sensibilidade do bipartito que preside Besteiro coas persoas maiores e dependentes porque a de Lugo é a única deputación que non financia na súa integridade os servizos municipais básicos de axuda no fogar
  • Balseiro traslada o descontento dos alcaldes lucenses ante un Plan de Obras e Servizos “que é o peor das catro deputacións galegas, pois só financia o 50% da obra e achega de media 17 veces menos recursos que o POS da Deputación da Coruña”
  • Balseiro desminte con datos do servizo de intervención a idílica situación financeira da Deputación lembrando que “en 6 anos é a metade de menos solvente do que era ademais de ter empeorado nas principais magnitudes financeiras”

  (máis…)

Read Full Post »

Opinión: Nova residencia en Cervo

 O Goberno galego cos que máis o necesitan

image_gallery

 Son todas estas familias, nas que hai unha persoa con necesidades especiais, os principais protagonistas deste esforzo colectivo, os primeiros na liña da nosa felicitación e admiración: polos seus esforzos no ámbito da protección social, pola súa entrega abnegada, por demostrar que o valor do cariño e dun esforzado traballo diario ten ao final a súa recompensa. (máis…)

Read Full Post »

Benestar: residencia de Monterroso

O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia interesándose por esta cuestión

O GRUPO POPULAR INTERPELARÁ AO GOBERNO GALEGO EN RELACIÓN COA RENUNCIA DO ALCALDE DE MONTERROSO A CONTAR CUNHA RESIDENCIA

Foto Balseiro Parlamento

 

  • Os populares queren coñecer a verdade logo das declaracións contraditorias do alcalde nun intento de xustificar por que renunciou á este novo servizo

  (máis…)

Read Full Post »

Benestar

O bipartito provincial que destina cartos para publicidade, propaganda e actos protocolarios (estas partidas crecen un 35%) deixa en cambio sen cubrir o 85% do custe do SAF básico nos concellos da Mariña lucense

O PP lembra ao BNG que a de Lugo é a única Deputación galega que se nega a financiar os servizos municipais da axuda no fogar pese a que por lei lle corresponde

 Axuda no fogar

  • Nacionalistas e socialistas chegan ao absurdo de incumprir unha Lei, a de servizos sociais de 2008, que eles mesmos aprobaron cando gobernaron na Xunta
  • O bipartito xestiona tan mal que lle sobran cartos na partida de Benestar pero non ten vontade de destinalos a apoiar os concellos
  • Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo na Mariña; a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%, isto significa, que negan o apoio ás persoas que máis o necesitan: os nosos maiores e dependentes

  (máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: