Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘BENESTAR’ Category

Beatriz Mato na Mariña

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe Burela e Foz, onde anunciou que vén de adxudicarse o proxecto de execución para a construción dunha residencia e centro de día de 80 prazas

A nova escola infantil de Burela contará con 41 prazas grazas a un investimento público de 580.000 euros

image_gallery1

  • En Burela achegouse ata o centro de formación ocupacional no que se financian este ano un total de catro cursos para 60 alumnos
  • Burela, asociado con Cervo e Xove, contará cun obradoiro de emprego este ano para 22 alumnos, cunha duración de seis meses e un orzamento de preto de 200.000 euros
  • Xa no terreo social, visitou o centro ocupacional e centro de día ‘Eu Son’ para persoas con discapacidade, no que a Consellería ten 23 prazas concertadas nas que inviste 117.000 euros ao ano

Burela (Lugo), 18 de setembro de 2013.- A nova escola infantil de Burela contará con tres unidades e 41 prazas grazas a un investimento de máis de 580.000 euros. Isto permitirá elevar ata 161 as prazas da Galiña Azul no concello, un 34% máis que as que existen na actualidade.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, fixo este anuncio na súa visita á comarca da Mariña, onde aproveitou para adiantar que o departamento autonómico prevé a construción dun centro de día e residencia en Foz que contará con 40 prazas de centro de día e outras 40 de residencia, segundo a estimación realizada no anteproxecto da obra.

En primeiro lugar, Mato asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Burela, José González Barcia, para a construción dunha nova escola no concello, o que é unha proba da aposta do departamento autonómico por facer posible a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Neste sentido, Mato lembrou as 8.600 prazas públicas que ofrece a rede A Galiña Azul no novo curso, que comezou a principios deste mes, preto do 5% máis que ao comezo do curso anterior e un 58% máis das que había en abril de 2009. En total a rede conta con 147 escolas en toda Galicia.

Ademais engadiu que nos próximos catro anos está previsto crear 3.500 novas prazas, das que 2.000 xa están planificadas, asinadas en convenios e comezando a executarse no presente ano, sempre “en permanente diálogo e colaboración cos concellos”.

Formación e obradoiros Posteriormente, a responsable de Traballo achegouse ata o centro de formación ocupacional da localidade onde salientou a aposta do departamento pola formación de calidade, e indicou que este ano estanse a destinar máis de 40 millóns de euros en formación para desempregados, con que se financian 900 cursos nos que toman parte 14.000 galegos e galegas. Destes, practicamente o cen por cen están ligados á obtención dun certificado de profesionalidade.

En concreto, no centro de formación de Burela fináncianse este ano un total de catro cursos para 60 alumnos e cun investimento superior aos 254.000 euros. Céntranse nas especialidades de pintura, animador turístico, auxiliar de enfermería en xeriatría e atención especializada para enfermos de Alzhéimer. Tamén en materia laboral, Burela, asociado con Cervo e Xove, contará cun obradoiro de emprego este ano para 22 alumnos, cunha duración de seis meses e un orzamento de preto de 200.000 euros centrado nas especialidades de pintura, albanelería, xardinería e axuda a domicilio.

Posteriormente, a responsable de Benestar desprazouse ata o centro ocupacional e centro de día ‘Eu Son’ para persoas con discapacidade, no que a Consellería ten 23 prazas concertadas nas que inviste 117.000 euros ao ano.

Beatriz Mato salientou que desde 2009 creáronse 631 prazas públicas para persoas con discapacidade en toda Galicia, un 14,5% máis das que había en abril de 2009; e engadiu que malia a crise económica, en 2013 blindouse o presuposto destinado á discapacidade, que contará este ano con preto de 83 millóns de euros.

Así mesmo, estase a traballar na mellora da normativa promovendo unha nova Lei de accesibilidade, que actualizará o texto vixente e que está previsto levar ao Parlamento de Galicia no presente período de sesións.

Residencia e centro de día en Foz

Tras visitar Burela, Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, achegouse ata Foz, onde mantivo un encontro co alcalde, Javier Jorge Castiñeira. O departamento prevé a construción dun centro de día e residencia na localidade que contará con 40 prazas de centro de día e outras 40 de residencia, segundo a estimación realizada no anteproxecto da obra.

Mato lembrou que o proxecto de execución, que estará rematado antes de que finalice o ano, vénse de adxudicar recentemente e anunciou que está prevista unha inversión en 2014 de 500.000 euros para o inicio das obras deste centro, que será o primeiro público para maiores do concello.

A responsable de Benestar indicou que o departamento autonómico ten como prioridade “a mellora, ampliación e racionalización dos servizos públicos” e está a esforzarse permanentemente “para garantir a calidade de vida dos nosos maiores e ofrecerlles os mellores recursos e servizos”.

Este feito queda demostrados coas máis de 2.800 prazas públicas postas a disposición dos galegos e galegas nos últimos catro anos en residencias, centros de día e de alzhéimer. Esta cifra supón un incremento do 42% con respecto ás prazas existentes en 2009.

Beatriz Mato engadiu que, en concreto, na provincia de Lugo creáronse máis de 500 prazas para maiores desde 2009, un 35% máis das que existían nesa data.

Fonte: Xunta.es

Read Full Post »

Ribadeo

O secretario xeral dos populares lucenses empraza ao alcalde de Ribadeo a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta

BALSEIRO: “SABEMOS DA AFECCIÓN DE SUÁREZ BARCIA POLAS PANCARTAS, PERO AGORA O QUE TOCA É SENTARSE NOS DESPACHOS E NEGOCIAR”

Aduana, Concello e Torre dos Moreno, Ribadeo.jpg

  •  O PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto.

(máis…)

Read Full Post »

Pensións

Logo do anuncio efectuado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

BALSEIRO SINALA QUE PRETO DE 5.500 FAMILIAS LUCENSES CON PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS PERCIBIRÁN EN XANEIRO UN SUPLEMENTO DA XUNTA DE 200 EUROS

arranca-campana-electoral-actos-sectoriales-centrados-empleo-pensiones-pymes-educacion_1_633960

  • Na Mariña lucense o número de familias beneficiaras achégase a preto de 800 familias.
  • O goberno galego prioriza este complemento autonómico que non existe en 12 comunidades e que en 4 se paga a metade do que se abona en Galicia.

Audio:

Audio:

(máis…)

Read Full Post »

Novas infraestruturas de Benestar

A acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo blinda os servizos públicos de atención a persoas con necesidades asistencias e garante a súa solvencia

Balseiro afirma que o Partido Popular na Xunta cuadruplicou o número de persoas con dependencia atendidas na Mariña lucense

  • O actual goberno autonómico ten feito un gran esforzo por mellorar os recursos e infraestruturas de benestar pese a que as circunstancias económicas e orzamentarias son especialmente difíciles.
  • Novas dotacións impulsadas polo goberno galego nesta coamarca son: a residencia para persoas maiores de Viveiro (150 prazas), a vivenda comunitaria de Alfoz (10 prazas) ou o centro de día de Lourenzá (30 prazas). En construción, en Cervo, unha residencia con centro de día (78 prazas), un centro para discapacitados intelectuais e os apoios ás iniciativas de ASPANANE e COGAMI

(máis…)

Read Full Post »

Axunda no fogar

A Deputación de Lugo que por lei veuse obrigada a consignar o orzamento para o mantemento deste servizo ten o imperativo legal de achegar, sen máis demora, estes recursos económicos aos concellos de menos de 20 habitantes

Balseiro pide aos alcaldes de Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza e Pol que dirixan as súas críticas e esixencias á Deputación que ten a obriga legal de financiar o servizo de axuda no fogar para non dependentes

  • A Lei de servizos sociais aprobada na anterior lexislatura en exclusiva cos votos favorables do PSOE e do BNG e o decreto que con posterioridade a desenvolve establece que Xunta e Deputación de Lugo teñen que colaborar no financiamento do servizo de axuda no fogar municipal: a administración autonómica asumindo o custe das persoas maiores dependentes e o ente provincial dos non dependentes.

(máis…)

Read Full Post »

Deputación de Lugo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, confirmou que ningún representante da Deputación de Lugo acudiu ás xuntanzas ás que se lle citou desde a Consellería de Traballo e Benestar nun caso evidente de falta de respecto institucional e político

A DEPUTACIÓN DE LUGO NON SE INTERESOU EN NINGÚN MOMENTO POR TRATAR COA XUNTA O NOVO DECRETO DE SERVIZOS SOCIAS E PESE A ISO SE DEDICOU A CRITICALO

  • Os feitos e os actos desminten a suposta preocupación dos membros do Goberno provincial respecto do futuro do servizo de axuda no fogar dos concellos e poñen de relevo a pretensión do bipartito lucense de enganar aos veciños con fins partidistas.
  • Jose Manuel Balseiro cualifica de “plataforma da mentira” o grupo de alcaldes socialistas e nacionalistas contrarios oa decreto, plataforma que, cómpre lembrar, se constituíu sen a participación e coa oposición firme dos rexedores municipais do PP, os maioritarios na provincia.

(máis…)

Read Full Post »

Opinión

<< A Deputación só acerta cando rectifica >>

 

Por fortuna en días pasados a Deputación lucense anunciou a súa intención de rectificar esta decisión tan errada pola que pretendían deixar abandonados ás persoas beneficiarias do servizos de axuda no fogar básico na maioría dos concellos da provincia, incumprindo a súa propia lei.  (…) Parece  ser que agora a Deputación si porá a parte que lle corresponde no financiamento dos servizos sociais municipais. Cos seus feitos demostran que o Goberno bipartito provincial só acerta cando rectifica

(máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: