Arquivo da categoría: CULTURA
Muferga
O MUFERGA VERÁ AMPLIADA A SÚA CAPACIDADE EXPOSITIVA COA REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DUNHA NAVE CONTIGUA AO ACTUAL MUSEO
- A fundación que preside o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tamén acordou nomear vicepresidente do Padroado ao alcalde de Monforte, José Tomé
Día dos arquivos
DOUS PLANOS DE 1908 DOS MONTES DE SANTIAGO DE QUENDE, EN ABADÍN, CENTRAN A CELEBRACIÓN DO DÍA DOS ARQUIVOS NO HISTÓRICO PROVINCIAL
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou o papel fundamental deste centro, “preservando a nosa historia e a nosa memoria”
Biblioteca Nodal de Lugo
A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN PREMIA A DEZAOITO ESCOLARES LUCENSES NO CERTAME PROVINCIAL DE POESÍA SOBRE O NADAL
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe á entrega de premios na Biblioteca Nodal
- Nesta iniciativa participan 21 bibliotecas públicas da provincia e na fase local obtiveron recoñecemento 117 traballos
Opinión
<< Sargadelos, tesouro de Galicia>>
Pero Sargadelos é moito máis que as súas formas, máis que as instalacións desa espectacular fábrica de planta circular. Sargadelos tamén son as súas xentes, ese inmenso capital humano, traballadores artesás que saben sacar o mellor da nosa terra e que, cómpre dicilo, non o pasaron ben nos últimos anos.Todas elas, todos eles, deben entender este recoñecemento tamén, coma unha homenaxe ao seu traballo e contribución neste gran proxecto e, oxalá, como un novo espazo de esperanza cara o futuro.
Escolas de Música
O deputado popular sinala o recoñecemento do Goberno galego a estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas de música
Balseiro salienta os apoios da Xunta ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense
- Os beneficiarios son os concellos de Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo e Xove con importes que varían en función de criterios obxectivos tales como o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros
Lugo, 31 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe os apoios que a Xunta de Galicia da ás escolas de música de cinco concellos da Mariña lucense.
O parlamentario mariñán sinala o recoñecemento do Goberno galego aos esforzos que están a facer estas administracións locais que veñen desenvolvendo unha importante labor coa iniciativa de creación e sostemento de centros públicos que impartes as ensinanzas de música.
Concello |
Escola de música |
Importe |
Burela | Escola M. de Música de Burela |
1.661,72 € |
Foz | Escola M. de Música de Foz |
1.703,71 € |
Pontenova, A | Escola M. de Música da Pontenova |
1.292,24 € |
Ribadeo | Escola M. de Música e Danza de Ribadeo |
3.313,25 € |
Xove | Escola M. de Música de Xove |
1.015,93 € |
Total |
8.986,85 € |
CRITERIOS OBXECTIVOS
Balseiro lembra que a resolución destas axudas, que responden a unha solicitude previa dos concellos beneficiarios, son de distinta contía en función da valoración de criterios obxectivos tales como: o número do alumnado matriculado, o número de especialidades instrumentais impartidas, o número do profesorado e tempo de dedicación, as dimensións das instalacións e o volume do orzamento dos centros.
FORMACIÓN NON REGRADA
Salienta finalmente o deputado que o Goberno galego ten identificado unha notable demanda das ensinanzas de música e por iso estableceu esta convocatoria de axudas para dar a posibilidade de cursar estas ensinanzas e realizar unha formación non regrada nestas escolas.
Patrimonio galego
O portavoz do Mar do Grupo Popular di que se trata dun paso moi relevante por canto blindaría e poría en valor este tipo de actividades de grande importancia para a permanencia da identidade e da cultura mariñeira galega a través do tempo
BALSEIRO ANUNCIA QUE A XUNTA TRABALLA NA DECLARACIÓN COMO BIC (BEN DE INTERESE CULTURAL) DAS TÉCNICAS CONSTRUTIVAS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS
-
A declaración de Ben de Interese Cultural implica ademais a aplicación inmediata e provisional dun reforzado réxime de protección previsto na lei de Patrimonio Cultural así como a posibilidade de acceso a axudas específicas de apoio a este sector
Opinión
Voto contra o seu pobo, contra o Museo do Mar
Non ten sentido que a Deputación dispoña de cartos para paseos con helicópteros, pasarelas de moda ou propaganda, para financiar unha gardaría en Paraguai ou á fundación cultural da UPG e non para o Museo do Mar. Pero os veciños saben tomar boa nota e recoñecen a aqueles que unha e outra vez poñen obstáculos e defraudan aos cidadáns aos que din representar Seguir lendo
Cerámica de Sargadelos
“É unha boa nova para os veciños da Mariña e para o conxunto dos traballadores desta compañía de grande improtancia pola calidade do seu produto e porque representa unha das señas de identidade de Galicia”
BALSEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO CONVENIO ASINADO ENTRE XUNTA E CERÁMICA DE SARGADELOS EN APOIO DA ACTIVIDADE DA EMPRESA E DOS SEUS TRABALLADORES
-
Lembra que xa adiantou que se levaría adiante este respaldo público, autorizado hoxe polo Cosello da Xunta e dotado de 354.000 euros.
Cerámica de Sargadelos
Así o explicaron desde a Consellería de Economía e Industria ao deputado popular Jose Manuel Balseiro, quen se interesou pola materialización do conxunto axuda comprometida pola administración autonómica
O IGAPE DA LUZ VERDE Á EXECUCIÓN DA TOTALIDADE DA AXUDA COMPROMETIDA Á CÉRÁMICA DE SARGADELOS
- As achegas do Goberno galego superan a contía global dun millón de euros destinados a apoiar a expansión comercial desta empresa e a reforzar o seu plan de viabilidade.