Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘CULTURA’ Category

Opinión

Voto contra o seu pobo, contra o Museo do Mar

 Non ten sentido que a Deputación dispoña de cartos para paseos con helicópteros, pasarelas de moda ou propaganda, para financiar unha gardaría en Paraguai ou á fundación cultural da UPG e non para o Museo do Mar. Pero os veciños saben tomar boa nota e recoñecen a aqueles que unha e outra vez poñen obstáculos e defraudan aos cidadáns aos que din representar (máis…)

Read Full Post »

Cerámica de Sargadelos

“É unha boa nova para os veciños da Mariña e para o conxunto dos traballadores desta compañía de grande improtancia pola calidade do seu produto e porque representa unha das señas de identidade de Galicia”

BALSEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO CONVENIO ASINADO ENTRE XUNTA E CERÁMICA DE SARGADELOS EN APOIO DA ACTIVIDADE DA EMPRESA E DOS SEUS TRABALLADORES

 

  • Lembra que xa adiantou que se levaría adiante este respaldo   público, autorizado hoxe polo Cosello da Xunta e dotado de 354.000 euros.

(máis…)

Read Full Post »

Cerámica de Sargadelos

Así o explicaron desde a Consellería de Economía e Industria ao deputado popular Jose Manuel Balseiro, quen se interesou pola materialización do conxunto axuda comprometida pola administración autonómica

O IGAPE DA LUZ VERDE Á EXECUCIÓN DA TOTALIDADE DA AXUDA COMPROMETIDA Á CÉRÁMICA DE SARGADELOS

  • As achegas do Goberno galego superan a contía global dun millón de euros destinados a apoiar a expansión comercial desta empresa e a reforzar o seu plan de viabilidade.

(máis…)

Read Full Post »

Festas patronais de San Ciprián

Raiña do Mar, patroa de San Ciprián

 

 A celebración dunha cita da importancia que para San Ciprián ten as festas na honra da Virxe do Carme é un motivo de grande ledicia para o conxunto dos veciños e veciñas deste pobo, que cada ano renovan a súa fe e fan visible unha grande devoción ao paso da imaxe da patroa, Nosa Señora.

  (máis…)

Read Full Post »

Desde 2009 o Goberno socialista restou en 43 millóns de euros os investimentos na nosa comarca e durante o 2011 as contas do Estado volven a rexistrar números negativos

 Os orzamentos do Estado na Mariña lucense “en caída libre” ao reducirse en preto dun 60% nos últimos tres anos

  •  O “bólido” de Jose Blanco atráncase nas principais infraestruturas pendentes despois de que Fomento confírmanse que achegará menos diñeiro para a autovía do Cantábrico e retrasará a execución do corredor da Costa.
  • Ante a contundencia dos datos negativos no PP pronostican que corredor e transcantábrica ao seu paso pola Mariña “seguirán paralizados o ano próximo”.
  • Os socialistas da Mariña “desolados” despois de que as súas xestións “caeran en saco roto” e os orzamentos do Estado confirmen a afixia da Mariña polo Goberno ZP.

Mariña lucense, a 7 de outubro de 2010.- Os populares da Mariña fixeron hoxe unha valoración “moi negativa” dos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano presentados polo Goberno central e da súa incidencia na nosa comarca. O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balserio Orol, acompañado da senadora mariñán, María del Carmen Gueimunde, puxeron de relevo que os investimentos estatais “están en caída libre” ao reducirse preto dun 60% nos últimos tres anos. Desde 2009 o Goberno socialista restou en 43 millóns de euros as achegas para proxectos concretos na nosa comarca e durante o 2011 as contas do Estado volven a rexistrar números negativos.

(máis…)

Read Full Post »

Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol  e Emma Álvarez Chao presentaron hoxe en rolda de prensa esta iniciativa de impulso para que a Xunta de Galicia desenvolva os trámites e xestións oportunas que permitan obter este recoñecemento

O GRUPO POPULAR PROMOVE A OFICIALIZACIÓN  DO CAMIÑO DO MAR COMO  RUTA DE PEREGRINACIÓN XACOBEA

  • Os populares tamén piden que  se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste  percorrido  que  empeza en Ribadeo, e continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e chega ata Neda, no que se funde coa ruta oficial do Camiño Inglés chegando ata Santiago
  • Distintos  estudios  históricos avalan que este viario cumpre cos requisitos para a súa oficialización: existe un itinerario de peregrinación histórico, dispón dunha rede asistencial na que os camiñantes  obtiñan  comida e cama e hai constancia demostrada  de presenza continuada de peregrinos

Santiago, 26 de febreiro de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular, a instancia dos  deputados  Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao rexistraron unha iniciativa de impulso na Cámara galega para  instar á Xunta ao recoñecemento oficial do Camiño do Mar  como ruta de peregrinación xacobea. Os deputados populares presentaron oficialmente a Proposición non de lei  que inclúe este petición en  rolda de prensa celebrada no día de hoxe en Viveiro, onde tamén  explicaron  que, ademais da súa  oficialización, o PPdeG demandará do novo Executivo  autonómico que  se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste  percorrido 

  (máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts

%d bloggers like this: