O delegado territorial, José Manuel Balseiro, presentou esta iniciativa ás asociacións de veciños e de empresarios do barrio da Tinería
A XUNTA CONVOCA UN CONCURSO PÚBLICO PARA A ADQUISICIÓN DE INMOBLES ABANDONADOS NO CASCO VELLO DE LUGO PARA REHABILITALOS E DESTINALOS A ALUGUEIRO SOCIAL
O Goberno galego destina 500.000 euros ao proceso de adquisición e tras rehabilitar os edificios agarda obter arredor de 9 novas vivendas na zona
- Trátase do primeiro concurso público de compra de vivendas para rehabilitar que convoca a Xunta de Galicia
- Os propietarios interesados dispoñen dun prazo de tres meses para presentar as súas ofertas
- A Xunta xa rehabilitou 85 vivendas na Tinería e proximamente iniciará a rehabilitación doutras 9, obras adxudicadas ou que se adxudicarán en breve