Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘MAR’ Category

Patróns Maiores

O delegado territorial mantivo unha videoconferencia cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense

 A XUNTA IMPULSA UNHA CAMPAÑA PARA FORMENTAR O CONSUMO DE PRODUTOS DO MAR E IMPULSAR OS PREZOS DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

130520 Confrarías

  • Administración autonómica e central avanzan no deseño dun protocolo de actuación específico para posibles casos de positivo entre o persoal embarcado e para a realización de test previos ao embarque, peticións ambas lideradas pola Xunta
  • A administración autonómica autorizou 15 ERTEs, o cen por cen dos solicitados no ámbito do sector pesqueiro, que afectaron a 94 traballadores

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca (08/07/2016)

Jose Manuel Balseiro insiste en que o Partido Popular e o Goberno galego solo apoiarán un cambio de sistema que beneficie, no seu conxunto, á totalidade da flota galega do cerco

 O PPDEG LEMBRA QUE A FLOTA DO CERCO PERDERÍA UN 20% DAS POSIBILIDADES DE PESCA CO MODELO DE REPARTO QUE DEFENDE A OPOSICIÓN

 

cOMISION 8 17-09-2014 (15)

  • O portavoz do Mar puxo en valor os acordos acadados nas múltiples xuntanzas que a Consellería do Mar mantivo con todos os representantes do sector, como por exemplo a proposta de reasignación de cota para que cada barco reciba un mínimo de posibilidades de pesca
  •  Por outra banda, lembrou que xa existe una acordo do Parlamento de Galicia polo que se solicita ao futuro Goberno do Estado que os gardacostas poidan acollerse aos coeficientes redutores de cara a súa xubilación, acordo aprobado co voto en contra do BNG

  (máis…)

Read Full Post »

Construción naval

Jose Manuel Balseiro lamenta que o PSOE bloquease a posibilidade de chegar a un acordo unánime no Parlamento galego ao non querer aceptar ningunha das propostas realizadas  polos populares

 O GRUPO POPULAR APOIA O DESEÑO DUN PLAN QUE FACILITE QUE OS ESTALEIROS GALEGOS POIDAN RENOVAR A FLOTA DE ALTURA

 3a4wue67yzggkkogw4.png

  • O portavoz popular defende que é moito máis acaído desenvolver este plan con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e non, como demandaba o PSOE, mediante iniciativas do IGAPE e AGAIN, ao tempo que asegura que a mellor fórmula sería aproveitar para este fin moitas das axudas xa existentes

  (máis…)

Read Full Post »

Iniciativa a favor do sector pesqueiro

As embarcacións con porto base en Galicia terán que comunicar á Federación Galega de Confrarías nun prazo que non supere ás 12 horas, as súas notas de venda, con independencia do porto onde teña lugar a descarga das capturas

O GRUPO POPULAR DEFENDE “A MELLORA E AXILIZACIÓN” DO SISTEMA POLO QUE SE COMPUTA O CONSUMO DE COTAS DE PESCA

 la foto

  • Jose Manuel Balseiro explica que a medida permitirá facer un seguimento moito máis realista e exhaustivo da cota consumida e da que está aínda pendente, o que evitará incorrer en sobrepesca e, en consecuencia, reducirá futuras sancións e recortes nas posibilidades de pesca

  (máis…)

Read Full Post »

Bueu

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro e a deputada popular Berta Pérez censuraron en Bueu que socialistas, nacionalistas e AGE votasen en contra do plan de apoio á flota costeira artesanal onte no Pleno do Parlamento de Galicia

 O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE A OPOSICIÓN SÓ DEFENDE Á FLOTA DE BAIXURA “CANDO TRATA DE FACER A FOTO E AGARRARSE ÁS PANCARTAS”

 

  • O plan deseñado pola Consellería do Mar contén seis medidas concretas para mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos seus profesionais e propón destinar a este fin recursos do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

  (máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 25/05/2016

A iniciativa inclúe o desenvolvemento dun catálogo financiado con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e dirixido a mellorar a competitividade deste segmento de flota e as condicións de traballo dos seus profesionais

O PARLAMENTO GALEGO INSTA Á XUNTA, CO ÚNICO APOIO DO GRUPO POPULAR, A IMPULSAR O PLAN DE APOIO Á FLOTA COSTEIRA ARTESANAL

plan de apoio á pesca artesanal.png

 

  (máis…)

Read Full Post »

Viveiro: pesca de baiuxura

Os deputados populares Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra, acompañados do presidente do PP de Viveiro, Antonio Bouza, presentaron esta iniciativa dirixida a mellorar a competitividade desta flota e as condicións de traballo dos seus profesionais

 O PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA DEBATERÁ A VINDEIRA SEMANA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR O PLAN DE APOIO Á PESCA DE BAIXURA

 IMG_9217.JPG

  • Propón a posta en marcha de seis medidas concretas: a preferencia deste segmento de flota no acceso a axudas públicas; a posta en marcha dun plan de incorporación de mozos á actividade pesqueira; a mellora da trazabilidade, do valor engadido e da comercialización; o uso de marcas de calidade diferenciada; e a mellora dos buques pesqueiros

  (máis…)

Read Full Post »

Cambados

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, acompañado do presidente do PP de Cambados, Luis Aragunde, presentaron esta iniciativa dirixida a mellorar a competitividade deste segmento da flota e as condicións de traballo dos seus profesionais

O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA O IMPULSO DO PLAN DE APOIO Á PESCA ARTESANAL

 

  • Pretenden impulsar seis medidas concretas, entre elas: a preferencia no acceso a axudas públicas, a posta en marcha dun plan de incorporación de mozos á actividade pesqueira, a mellora da trazabilidade, do valor engadido e da comercialización, o uso de marcas de calidade diferenciada e a mellora dos buques pesqueiros

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 18/05b

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que o investimento dirixido a mellorar a calidade das augas ascende a 246 millóns, dos cales a Xunta achega 105 millóns

 O GRUPO POPULAR PON EN VALOR AS INICIATIVAS DA XUNTA PARA ACADAR O SANEAMENTO INTEGRAL E A REXENERACIÓN MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL

Xunta de Portavoces, 18-05-2016

Xunta de Portavoces, 18-05-2016

  • Lembrou que grazas a batea de reinstalación, que permite a depuración e comercialización de bivalvos procedentes de zonas C, a ría de Ferrol recuperou o nivel de capturas e vendas en fresco que se rexistraron antes dos peches
  •  Anticipou tamén que a Consellería do Mar xa tramita a encomenda de xestión que permitirá impulsar de xeito inminente un plan de rexeneración do banco marisqueiro de As Pías en Ferrol

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 18/05

Jose Manuel Balseiro lembra que este sector de actividade xera entorno a 1.500 empregos directos en Galicia e constitúe unha fonte de materia prima básica na cadea mar-industria

 O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR CON MEDIDAS PARA REFORZAR A COMPETITIVIDADE DA FLOTA DE GRANDE ALTURA

 Sin título

  • O acordo final, que incorpora emendas doutros grupos, propón que o conxunto da flota, e non so os atuneiros, poida beneficiarse da súa inclusión nos rexistros especiais modificando a normativa comunitaria vixente

 

  • Tamén se demanda a modificación da normativa europea sobre cercenamento de aletas de tiburón, excluír do pago das tarifas arancelarias aos continxentes de toros de pescada e a simplificación da aplicación da norma da UE para certificar os fretes desde terceiros países.

  (máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: