A XUNTA APOIOU A MÁIS DE 3.300 PRODUTORES DE LEITE DA PROVINCIA DE LUGO CON AXUDAS DIRECTAS QUE SUPERARON OS 16 MILLÓNS DE EUROS
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, fixo balance dos principais apoios a un sector considerado estratéxico para a nosa provincia, tanto desde o punto de vista económico como social
- A estas achegas terían que engadirse outros apoios como os procedentes das axudas para plans de mellora, incorporación de mozos, produción en ecolóxico e outras axudas directas que, segundo estimacións, elevarían a cifra final en 5,9M€ adicionais
- Outros apoios indirectos ao lácteo lucense atopámolos nos convenios con Africor e Ligal ou na actividade de investigación que lideran centros como Xenética Fontao ou o Cetal, ambos con sede en Lugo