José Manuel Balseiro Orol presidente da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Monte
Arquivo da categoría: MONTES
Comisión de Montes (14/07)
Con estas medidas o Goberno galego busca incrementar a superficie arborada, para obter producións máis elevadas e de calidade, como parte da súa aposta pola competividade do noso sector forestal
BALSEIRO VALORA MOI POSITIVAMENTE A DECISIÓN DA XUNTA DE AMPLIAR AS AXUDAS DO ÁMBITO FORESTAL MÁIS DEMANDADAS
- A Consellería do Medio Rural duplica os fondos dispoñibles para os apoios á reforestación e creación de novas superficies de monte e amplía de 6 a 15 millóns de euros o orzamento destinado a financiar integramente diversas tarefas silvícolas tales como rozas, talas e podas nos montes
Pleno do Parlamento (12/07/2016)
Jose Manuel Balseiro reprocha á oposición que sexa incapaz de recoñecer os datos que amosan o “notable avance” acadado nas dúas últimas lexislaturas na loita contra o lume
O PPDEG ACUSA AO BNG DE PRETENDER RECUPERAR O MODELO FRACASADO DO BIPARTITO PARA COMBATER OS INCENDIOS FORESTAIS
- Nos últimos anos reduciuse o número de incendios e a superficie queimada, introduciuse un mando único, garantiuse por lei e incrementáronse os medios materiais e a eficacia do operativo
- O portavoz de Montes defendeu as brigadas forestais municipais e indicou que “son solicitadas por alcaldes de todas as cores políticas, tamén polos nacionalistas e os seus socios”
Impulso forestal
A Xunta lanza unha orde de axudas para plantar castiñeiros para froito nunhas 1.000 hectáreas
- Feijóo indica que esta medida, cun orzamento de 2,6 millóns de euros, é “o maior impulso da nosa historia á plantación de castiñeiros”
- Con carácter xeral, as axudas serán dun mínimo de 300 euros e un máximo de 2.200 euros por hectárea
- Con respecto á anterior convocatoria, elimínase o criterio de pendente máxima, diminúe a superficie mínima, elimínase a máxima e amplíase o ámbito xeográfico a toda Galicia, aínda que seguirán tendo prioridade as zonas cubertas pola IXP
- Complementa a convocatoria de axudas á silvicultura, que suma 15 millóns de euros tras ampliar a Xunta o seu orzamento
Pleno do Parlamento 07 06 2016
Balseiro: “a oposición non ten dereito a pedir que renunciemos a un modelo que funciona para volver ao que tiña o bipartito, que amosou o seu fracaso coa vaga de incendios de 2006”
O GRUPO POPULAR PON EN VALOR A EFICACIA DO DISPOSITIVO CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
- Lembra que só en 2015 a Xunta investiu 22 millóns de euros en tarefas preventivas nos montes galegos
Pleno do Parlamento 27/04/2016
O voceiro de Montes censura que AGE pretenda desvirtuar esta negociación trasladando ao Parlamento cuestións que teñen que ser obxecto de pacto laboral noutro foro
O GRUPO POPULAR SALIENTA A VONTADE DE SEAGA DE PACTAR MELLORAS LABORAIS PARA OS SEUS TRABALLADORES NO MARCO DUN PROCESO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA
- Balseiro lembrou que a duración dos contratos das brigadas de prevención e extinción de incendios vén condicionada pola súa consideración como persoal de reforzo na época de alto risco
Eucalipto
O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quere saber a liña de traballo que segue o Executivo para deseñar unha norma de grande importancia para o sector forestal galego
BALSEIRO INTERPELA AO GOBERNO SOBRE O NOVO DECRETO NO QUE TRABALLA A XUNTA PARA REGULAR AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS
- O popular di que Galicia non pode renunciar a esta importantísima especie para a nosa economía forestal, que constitúe unha relevante fonte de ingresos para os propietarios dos montes, sobre todo en zonas como A Mariña lucense, Eume, Ortegal e A Terra Cha
- Máis da metade dos aproveitamentos madeireiros de Galicia teñen a súa orixe no eucalipto que, xunto ao piñeiro, representan máis do 50% da produción de madeira que se comercializa en toda España
Comisión 7ª (15/04/2016)
O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, censura a falta de iniciativa do BNG que reitera unha demanda que xa foi debatida e rexeitada polo menos noutras cinco ocasións no Parlamento galego
O GRUPO POPULAR DI QUE CONDONAR AS DÉBEDAS QUE MANTEÑEN ALGUNHAS COMUNIDADES DE MONTES COA XUNTA SUPORÍA DISCRIMINAR A TODAS AQUELAS QUE XA REINTEGRARON OS CARTOS
- Os convenios que se asinaron cos montes veciñais permitiron que estes recibiran fondos públicos en concepto de anticipio para facer fronte a distintos gastos como os das replantacións forestais pero co compromiso de reintegralos
- A Conselelría de Medio Rural comprometeuse coas comunidades de montes debedoras a que no proceso de cancelación destes convenios se levará a cabo unha revisión detallada da contabilidade dos montes e do cumprimento dos fins para os que se asinaron os convenios
Consello da Xunta 07/04
A XUNTA ACHEGARÁ 33 MILLÓNS DE EUROS ATA 2018 PARA COLABORAR COS CONCELLOS NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

09,30 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a reunión do Consello da Xunta. Na sala de Consello. foto xoán crespo 07/04/16
- Un informe da Consellería do Medio Rural sobre esta materia foi analizado hoxe polo Consello do Goberno galego
- A diferenza de convocatorias pasadas, nesta ocasión os convenios coas entidades locais terán carácter plurianual, o que redundará nunha estabilidade asegurada no servizo
- A colaboración cos municipios fai especial fincapé nas actuacións preventivas, mediante a xestión da biomasa vexetal, para diminuír a carga de combustible no propio monte e en áreas adxacentes
O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, lembra que a lexislación vixente xa contempla unha exención e beneficios fiscais para estas comunidades veciñais
O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE SINSENTIDO QUE A OPOSICIÓN SOLICITE QUE AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS NON PAGUEN O IMPOSTO DE BENS INMOBLES CANDO XA ESTÁN EXENTAS
- Balseiro apuntou que estas comunidades dispoñen dunha tributación especial no imposto de Sociedades, ata o punto de que non teñen que facer declaración naqueles períodos impositivos en que non obteñan ingresos ou poden desgravarse os investimentos realizados no propio monte