Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘MONTES’ Category

Comisión 7ª (15/04/2016)

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, censura a falta de iniciativa do BNG que reitera unha demanda que xa foi debatida e rexeitada polo menos noutras cinco ocasións no Parlamento galego

 O GRUPO POPULAR DI QUE CONDONAR AS DÉBEDAS QUE MANTEÑEN ALGUNHAS COMUNIDADES DE MONTES COA XUNTA SUPORÍA DISCRIMINAR A TODAS AQUELAS QUE XA REINTEGRARON OS CARTOS

la foto

  • Os convenios que se asinaron cos montes veciñais permitiron que estes recibiran fondos públicos en concepto de anticipio para facer fronte a distintos gastos como os das replantacións forestais pero co compromiso de reintegralos
  • A Conselelría de Medio Rural comprometeuse coas comunidades de montes debedoras a que no proceso de cancelación destes convenios se levará a cabo unha revisión detallada da contabilidade dos montes e do cumprimento dos fins para os que se asinaron os convenios

  (máis…)

Read Full Post »

Consello da Xunta 07/04

A XUNTA ACHEGARÁ 33 MILLÓNS DE EUROS ATA 2018 PARA COLABORAR COS CONCELLOS NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

image_gallery

09,30 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a reunión do Consello da Xunta. Na sala de Consello. foto xoán crespo 07/04/16

  • Un informe da Consellería do Medio Rural sobre esta materia foi analizado hoxe polo Consello do Goberno galego
  • A diferenza de convocatorias pasadas, nesta ocasión os convenios coas entidades locais terán carácter plurianual, o que redundará nunha estabilidade asegurada no servizo
  • A colaboración cos municipios fai especial fincapé nas actuacións preventivas, mediante a xestión da biomasa vexetal, para diminuír a carga de combustible no propio monte e en áreas adxacentes

  (máis…)

Read Full Post »

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, lembra que a lexislación vixente xa contempla unha exención e beneficios fiscais para estas comunidades veciñais

O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE SINSENTIDO QUE A OPOSICIÓN SOLICITE QUE AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS NON PAGUEN O IMPOSTO DE BENS INMOBLES CANDO XA ESTÁN EXENTAS

 Sin título

  • Balseiro apuntou que estas comunidades dispoñen dunha tributación especial no imposto de Sociedades, ata o punto de que non teñen que facer declaración naqueles períodos impositivos en que non obteñan ingresos ou poden desgravarse os investimentos realizados no propio monte

  (máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 30/3/2016

Balseiro pide aos nacionalistas que non criminalicen esta especie arbórea reclamando prohibicións indiscriminadas e obviando que o aproveitamento do eucalipto constitúe unha fonte relevante de ingresos para miles de propietarios forestais

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA TRABALLA NA ELABORACIÓN DUN DECRETO QUE REGULARÁ AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS

 Eucalipto

  • Convida á oposición a visitar comarcas como A Mariña lucense, a Terra Cha, Ferrol-Terra e Ortegal, entre outras, onde o eucalipto representa a principal especie madeirable e onde observarán montes ordenados e unha xestión forestal que fai compatibles todos estes intereses económicos cos distintos usos do territorio e coa protección da paisaxe autóctona

(máis…)

Read Full Post »

Comisión 7ª (18/03/2016)

Jose Manuel Balseiro rexeita o intento do BNG de volver ao pasado recuperando as UXFOR, unha figura de xestión forestal impulsada polo bipartito e fracasada, ata o punto de que, polas carencias que presentaba, non se constituíu ningunha

O GRUPO POPULAR DEFENDA A FIGURA DAS SOFOR COMO FERRAMENTA ÚTIL E EFICAZ PARA A AGRUPACIÓN DE PROPIETARIOS FORESTAIS

 

Montes

  • En contraste co acontecido co bipartito, o novo modelo de sociedade forestal impulsado polo Partido Popular xa ten cinco iniciativas en marcha e 25 máis con trámites avanzados para a súa constitución

  (máis…)

Read Full Post »

Axudas ao sector forestal

O voceiro de Montes do Grupo Popular explica que estes apoios estarán dirixidos a cumprir con distintos obxectivos como o da forestación, diminuír o risco de incendios e fomentar a competitividade da industria madereira, da que dependen ata 70.000 postos de traballo entre directos e indirectos

BALSEIRO PON EN VALOR OS PRETO DE 16 MILLÓNS DE EUROS QUE A XUNTA INVESTIRÁ EN AXUDAS DIRECTAS PARA O SECTOR FORESTAL

451__x_jfps

• O deputado explica que no que se refire ás achegas para investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais industriais dirixidas a PEMES radicadas en Galicia, haberá 7 millóns de euros para este ano e 3 máis para o 2017

(máis…)

Read Full Post »

Comisión 7ª (02/02/2016)

Balseiro defende a iniciativa de Medio Rural se que marcou como reto a revisión, en consenso co sector, do Plan Forestal, tras ter transcorrido case 25 anos desde a súa entrada en vigor

O GRUPO POPULAR CENSURA QUE O BNG PRETENDA “RESUCITAR A FRACASADA POLÍTICA FORESTAL QUE PRACTICOU A XUNTA BIPARTITA”

Montes

  • Lembra que regresar ao modelo de xestión dos montes que aplicaban socialistas e nacionalistas suporía un enorme retroceso, tal e como se demostrou coa peor vaga de incendios sufrida en Galicia,no ano 2006
  • Balseiro asegura que a negociación do convenio colectivo en SEAGA é o foro axeitado para pactar melloras nas condicións laborais do persoal das brigadas de extinción de incendios nesta empresa pública

  (máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: