Posted in BENESTAR, EMPREGO, General, ORZAMENTOS on 8, Novembro 2013|
O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, acusou ao dirixente socialista de faltarlle ao respecto aos parados por discriminalos en función do concello no que residen e lembrou que 43 dos 67 municipios da provincia non poderán beneficiarse deste plan
OITO DE CADA DEZ LUCENSES QUEDARÁN EXCLUÍDOS DO PLAN DE EMPREGO QUE BESTEIRO VÉN DE IMPULSAR NA DEPUTACIÓN DE LUGO

- Balseiro explicou que Besteiro non dixo a verdade no Parlamento xa que o bipartito provincial ademais de excluír aos concellos lucenses que superen os 5.000 habitantes deixa fóra do plan de emprego a outros 30 concellos de menor poboación
-
Balseiro censura a falta de sensibilidade do bipartito que preside Besteiro coas persoas maiores e dependentes porque a de Lugo é a única deputación que non financia na súa integridade os servizos municipais básicos de axuda no fogar
-
Balseiro traslada o descontento dos alcaldes lucenses ante un Plan de Obras e Servizos “que é o peor das catro deputacións galegas, pois só financia o 50% da obra e achega de media 17 veces menos recursos que o POS da Deputación da Coruña”
-
Balseiro desminte con datos do servizo de intervención a idílica situación financeira da Deputación lembrando que “en 6 anos é a metade de menos solvente do que era ademais de ter empeorado nas principais magnitudes financeiras”
(máis…)
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Read Full Post »