Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘PESCA’ Category

Flota artesanal

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, explica que deste xeito estas embarcacións serán beneficiarias prioritarias do novo Fondo Marítimo da Pesca (FEMP) e recibirán preferentemente as súas axudas

O GRUPO POPULAR PIDE Á COMISIÓN EUROPEA QUE RECOÑEZA COMO FLOTA ARTESANAL AOS BARCOS DE BAIXURA GALEGOS DE ATA 15 METROS DE ESLORA

Flota

  • Inclúe tamén como requisito para a súa consideración como flota artesanal ás que estean menos de 24 horas fóra do porto isto é, aquelas nas que a súa actividade de pesca diaria no exceda de 24 horas

 

(máis…)

Read Full Post »

Pesca da Xarda (caballa)

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, reclama que se poñan en marcha os mecanismos de defensa precisos para evitar que a flota destes países esquilmen o caladoiro Atlántico Nordeste

O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO GALEGO A IMPOSICIÓN DE MEDIDAS SANCIONADORAS CONTRA AS ILLAS FEROE E ISLANDIA POLA SOBREPESCA DE XARDA

PropA

  • Buscan acadar un acordo parlamentario polo que se lle pida á Comisión Europea, aos deputados galegos na Eurocámara e ao Ministerio a continuidade do apoio a esta petición
  • “Non parece moi lóxico que, mentres as flotas comunitarias, entre elas a galega, están apostando pola sostibilidade pesqueira, co esforzo que esto implica, existan países que unilateralmente xoguen a esquilmar os nosos mares”

  (máis…)

Read Full Post »

Porto de Vigo

O portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, busca o acordo unánime de todas as forzas políticas do Parlamento galego, para mostrar o apoio a esa reclamación e para corrixir unha exclusión nunca explicada

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR RECLAMA Á UNIÓN EUROPEA QUE INCLÚA A VIGO COMO PORTO NODAL NA REDE TRANSEUROPEA DE TRANSPORTE

 img124

 

  • Os populares lembran que Vigo é o primeiro porto de España en tráfico de pesca para consumo humano e tamén en tráfico de granito en bruto e elaborado

 

  • Lamenta que a decisión de excluír a Vigo como porto nodal decidida polo anterior goberno socialista en Madrid continúe no borrador de regulamento europeo que estuda a Comisión de Transportes

  (máis…)

Read Full Post »

Porto de Foz

Jose Manuel Balseiro agradece o compromiso do Goberno galego con estes proxectos e sinala supoñen un investimento próximo aos 600 mil euros, en menos de 24 meses, destinados a facer realidade o que outros prometeron e non cumpriron

PORTOS DE GALICIA CONFIRMA A BALSEIRO QUE O DRAGADO INTEGRAL EN FOZ SE EXECUTARÁ A PARTIRES DO REMATE DO VERÁN

  • Antes, en plena época estival, coñeceranse os resultados do estudo de hidrodinámica que busca impedir que se produzan novos depósitos de sedimentos areosos así como do estudo técnico e de viabilidade económica previo á remodelación das instalacións portuarias de Foz

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento: TACs e cotas 2012

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular sinalou que para acadar éxitos futuros e conquerir unha maior cota naquelas especies deficitarias é imprescindible continuar co “traballo en equipo co sector” segundo o modelo impulsado pola Xunta de Galicia

 BALSEIRO VALORA POSITIVAMENTE O TRABALLADO DESENVOLVIDO POLA CONSELLERÍA DO MAR TRAS FREAR AS PRETENSIÓNS INICIAIS DE RECORTES DE COTAS NAS PRINCIPAIS ESPECIES PESQUEIRAS

  • Valora como “satisfactorios” os incrementos de cota no caso do lirio, rape, rapante, bacallao de Noruega ou da pescada do sur, especies de gran interese comercial para a flota galega.
  • Os populares teñen a sensación de que o Ministerio foi “a remolque da Xunta” xa que foi a administración autonómica quen liderou a defensa dos intereses da flota galega en Europa, como se demostrou no caso do lirio.
  •  O PP defende no marco da reforma da política pesqueira común a substitución do sistema de TACs e cotas actual por un que atenda ao esforzo pesqueiro e no que se consideren dun xeito equilibrado factores biolóxicos, económicos e sociais.

  (máis…)

Read Full Post »

Intervención Parlamentaria

As previsións comunitarias para o reparto de posibilidades de pesca son “especialmente lesivas para os intereses da flota galega” e responden “á situación de debilidade e incapacidade negociadora” do Goberno socialista actual en Europa

 BALSEIRO SINALA COMO “TAREFA PRIORITARIA” DO GOBERNO QUE RESULTE TRAS O 20N A DE “CORRIXIR” A PROPOSTA DE COTAS PESQUEIRAS PARA 2012

  •  O voceiro do Mar dos populares galegos cualifica como “especialmente grave” os recortes previstos  para as flotas de Gran Sol nos que Europe peca de “excesivo conservacionismo” pois a situación real dos caladoiros demostra que hai abundancia de peixe.
  •  Os populares rexeitan “de plano” a intención comunitaria de porpoñer unha rebaixa xenérica do 25% nos TAC cando non existan datos certos sobre o estado dos recursos pois “non ten en conta o impacto socioeconómico nas flotas que provocaría esta decisión”.

  (máis…)

Read Full Post »

Intervención parlamentaria

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular puxo de relevo a imprudencia e torpeza do Goberno central neste asunto e lamentou que non se respectara o principio de prudencia

BALSEIRO RECLAMA NO PARLAMENTO A DIMISIÓN DA MINISTRA LEIRE PAJÍN

  • Acúsalle de provocar unha alarma inxustificada e un dano ao sector pesqueiro como consecuencia da recomendación emitida pola Axencia Estatal de Seguridade alimentaria desaconsellando o consumo de peixe espada e atún vermello, entre outras especies.

 

  • O representante da Xunta confirmou –a preguntas do deputado popular- que as comunidades autónomas non tiñan coñecemento do contido –nos seus estritos termos- da recomendación emitida pola AESAN  e que o Estado non elaborou ningún tipo de estudo respecto do impacto económico que esta decisión podería provocar como consecuencia do previsible comportamento dos consumidores rexeitando estes produtos.

  (máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: