A Xunta publicará nos vindeiros días a licitación do proxecto básico e de execución das novas fases do Plan director do Hospital Público da Mariña nas que o Goberno galego investirá 15 M€

• Desde o pasado martes, esta liña 900 incorporou ata 100 teleoperadores máis para axilizar as solicitudes de información e as consultas relacionadas de xeito exclusivo con esta enfermidade
• Neste teléfono gratuíto aténdese unha media diaria de 6.165 chamadas, ás que se engaden as atendidas no 061 en relación con esta enfermidade que, desde a implantación deste reforzo, supoñen unha media de 819 chamadas atendidas cada día
• número 061, de atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias, atende unha media diaria de 5.580 chamadas, fronte ás preto de 3.000 chamadas atendidas habitualmente
PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á ENTREVISTA NA WEB DE COPE
Jesús Vázquez Almuíña, pone en valor los esfuerzos que realizan para suplir las bajas y vacaciones de médicos, sobre todo pediatras y médicos de familia, un problema que no se vive solo en la Mariña o en Galicia sino en toda Europa. También explica que las derivaciones a Lugo son mucho menores que antes y que se ha ganado porque en lugar de Lugo antes mandaban a los pacientes a Santiago. Almuíña pone en valor las obras de ampliación del Hospital da Mariña que avanzan con paso firme y podrían estar terminadas para septiembre. Luego acometerán el pintado de la fachada del edificio antiguo. Las listas de espera y el servicio de Hado (Hospitalización a Domicilio) son otros de los temas que se tratan en la entrevista en Costa Viva
Lugo, 19 outubro de 2017.- A fachada do edificio da Delegación territorial da Xunta en Lugo, luce un lazo rosa, símbolo da loita e da prevención sobre o cancro de mama. A administración autonómica súmase así ao Día mundial que se conmemora cada 19 de outubro co fin de concienciar sobre os xeitos de previr esta enfermidade.
A icona rosa, empregada a nivel mundial, serve tamén para desde a administración autonómica lembrar a importancia de participar no Programa galego de detención precoz do cancro de mama que impulsa a Consellería de Sanidade.
Grazas a este programa, que está plenamente implantado na comunidade autónoma galega, a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participaron nos cribados descendeu nos últimos 25 anos en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado, tal e como demostra un estudo realizado cos datos desta enfermidade entre os anos 1980 e 2012.
Tan só ao longo do pasado ano fixéronse, no marco desta iniciativa, 153.806 exploracións. Na provincia de Lugo a taxa de participación foi do 82,25%. No conxunto da Comunidade a maioría das exploracións realizadas ao longo do pasado ano o resultado foi a ausencia de lesións sospeitosas, tan só un 2,41% das mulleres exploradas foron remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para complementar as probas e obter un diagnóstico definitivo.
Dende a implantación do Programa de detención precoz do cancro de mama en 1992, a Consellería de Sanidade está a facer un esforzo constante para aumentar a actividade do mesmo e explorar cada ano a un número maior de mulleres, aumentando a participación sen incrementar os custos do programa e incrementando o seu rendemento, co obxectivo fundamental de diminuír a mortalidade provocada polo cancro de mama.
Procedemento
A lectura das mamografías realízase por dous radiólogos de xeito independente nas unidades de avaliación radiolóxica. Esta dobre lectura aumenta a sensibilidade da proba e a detección dos tumores máis pequenos, os que miden menos dun centímetro.
O Programa de detención precoz está dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia, de 50 a 69 anos, sen síntomas e sen diagnóstico previo de cancro de mama. O cribado ten unha periodicidade de dous anos. Ás mulleres obxectivo do programa envíaselles información sobre este por carta, antes da citación persoal para a realización da proba mamográfica. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba, así coma un número de teléfono para solicitar cambio de cita se fose preciso. Se a muller non acode, envíaselle unha nova citación, tamén por carta.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase á interesada por carta certificada e con xustificante de recepción. Na mesma facilítase unha cita para ser atendida nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes da mesma, chámase á muller por teléfono para confirmala.
O deputado e coordinador dos populares da Mariña sinala que é a mellor nova que podían recibir os veciños da comarca e os traballadores do centro cando se cumpre o 30 aniversario
O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular valora o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública da Mariña tras participar esta mañá, xunto aos conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, e outros cargos institucionais da comarca, no acto de presentación das obras de ampliación do Hospital da Costa
O titular do Goberno galego, Alberto Nez Feijo, presidir a reunin do Consello da Xunta.
Balseiro pide á oposición que non se aproveite da división do sector e propoña solucións construtivas, como as que se están acordando nas xuntanzas impulsadas pola Consellería do Mar