Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘SANIDADE’ Category

Opinión

Paso decisivo para ampliar o Hospital da Costa

Hoxe podemos dicir con seguridade que estamos a un paso da tan esperada ampliación e remodelación do centro hospitalario público da Mariña lucense.

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 25 11 2015

Balseiro asegura que a oposición nunca foi leal co Hospital da Mariña lucense e volve a darlle ás costas tras negarse a aprobar unha iniciativa dirixida a modernizar a primeira infraestrutura pública sanitaria da comarca

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, A FINALIZAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

12274363_447561875433472_3873784538645661070_n

  • O deputado popular lembrou que os orzamentos de 2016 contemplan unha partida “ampla e suficiente” de ata 1,8 millóns de euros para comezar as obras, que os técnicos planificaron se realizarán durante 31 meses para facelas compatibles co funcionamento do centro

(máis…)

Read Full Post »

O mellor está chegando

O mellor está chegando

 

Os populares da Mariña agradecen ao presidente Feijóo que a Xunta cumpra os compromisos coa ampliación do Hospital da Costa

O hospital desde o parque

  • Probablemente “está é unha das novas máis esperadas dos veciños desta comarca”, que os populares sempre a defenderon, incluso en solitario

 

  • Outros dicían (seguen dicindo) que iamos pechar o hospital pero a realidade é que hoxe –e calquera pode velo- temos un centro con máis servizos (oncoloxía, hospitalización a domicilio), con mellor tecnoloxía (ecógrafos, reforma dos quirófanos) e agora tamén cun proxecto firme para a súa ampliación

  (máis…)

Read Full Post »

O titular da Xunta avanza que a ampliación se licitará neste 2015, cun investimento inicial de 14 millóns de euros

O PRESIDENTE DA XUNTA PRESENTA O PLAN PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

Feijóo salienta que a ampliación fará realidade un Hospital da Costa máis moderno e accesible para os pacientes e para os profesionais: con máis camas, un novo espazo ambulatorio e un hospital de día médico

  • Precisa que, na área de hospitalización, se crearán 24 novas habitacións e remodelaranse outras 30 e na área ambulatoria estableceranse tamén novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor
  • Asevera que a Sanidade pública ao servizo do paciente é a máxima do Sergas e refírese á evolución deste hospital como proba disto: mellorando a súa xestión; renovando a tecnoloxía e investindo en novas infraestruturas, coa posta en marcha do hospital de día onco-hematolóxico
  • Destaca o compromiso e o traballo dos profesionais do Sergas que fixeron posible que desde 2009 ata o 2014, no Hospital da Costa: a espera cirúrxica global se reducise de 100 días a menos de 60; e que os tempos de espera para os pacientes de prioridade 1 pasasen de oito a seis días, e para os de prioridade 2 de 60 días a 32
  • Sinala que o obxectivo é que en 2016 o 70% dos galegos conten na súa área sanitaria cun centro sanitario novo ou renovado”

(máis…)

Read Full Post »

SANIDADE PUBLICA

Esta doutora en Farmacia é a primeira muller en asumir a xerencia executiva da área Sanitaria da Mariña lucense

Os populares da comarca dan a benvida a Carmen Durán e salientan que asume o cargo co importantísimo reto de facer fronte á ampliación do Hospital da Costa

Dibujo

  • Atribúen as críticas de socialistas, nacionalistas e plataformas afíns á “indixestión” que lles provoca o feito de que sexa o PP quen teña apostado pola mellora do hospital, poñendo en marcha novos servizos como os de oncoloxía ou hospitalización a domicilio, e a que tampouco aceptan que tamén sexan os populares os que vaian a facer realidade a ampliación do centro

 

  • Amosan o seu agradecemento polo bo traballo feito por Francisco Soriano, a quen lle desexan o mellor no seu novo cometido profesional

  (máis…)

Read Full Post »

Un hospital amplio e moderno

Así o confirmou hoxe a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, aos deputados populares da Mariña, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra

O PLAN DIRECTOR PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA PRESENTARASE NA PRIMEIRA QUINCENA DO MES DE MARZO

 vidal balseiro

  • A empresa redactora ultima o proxecto técnico para o que o Sergas investiu 112.530 euros

 

  • Os orzamentos da Xunta para 2015 contemplan unha partida dun millón de euros para iniciar as obras

 

  • Verase reflectido o traballo impulsado polo PP da Mariña

(máis…)

Read Full Post »

Mañá entra en funcionamento

En resposta preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro

SANIDADE CONFIRMA NO PARLAMENTO QUE MAÑÁ MESMO ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O NOVO SERVIZO DE ONCOLOXÍA DO HOSPITAL DA COSTA

 PropB

  • Mañá mesmo están citados os primeiros pacientes
  • O SERGAS anticipouse as previsións iniciais que situaban a posta en funcionamento deste novo servizo antes de fin de ano
  • O Goberno galego cumpre un mandato parlamentario promovido polo Grupo Popular e que daquela non contou co apoio de PSOE e AGE

(máis…)

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

%d bloggers like this: