Archive for the ‘TURISMO’ Category
BALSEIRO SUBLIÑA A SINGULARIDADE DO SAN FROILÁN, “UN DOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS MÁIS SALIENTABLES DO OUTONO EN GALICIA”
- O delegado territorial da Xunta lembrou que Turismo de Galicia contribúe con 20.000 euros ao financiamento das festas patronais de Lugo
Muferga
Posted in CULTURA, General, INFRAESTRUTURAS, TURISMO on 11, Xullo 2017|
O MUFERGA VERÁ AMPLIADA A SÚA CAPACIDADE EXPOSITIVA COA REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DUNHA NAVE CONTIGUA AO ACTUAL MUSEO
- A fundación que preside o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tamén acordou nomear vicepresidente do Padroado ao alcalde de Monforte, José Tomé
A Xunta 2,1 millóns de euros para acondicionar os Camiños do Norte, nas súas rutas da Costa e do Interior, Patrimonio da Humanidade dende 2015.
Turismo de Galicia destinará máis de 2,1 millóns de euros ás obras de recuperación, sinalización e mellora do Camiño do Norte, Ruta da Costa, que inclúen a adaptación do itinerario á delimitación oficial..
As actuacións previstas actuarán sobre a sinalización existente e tamén sobre o estado de accesibilidade da ruta. O obxectivo é unificar e harmonizar a sinalización do Camiño de Santiago, un dos símbolos de Galicia, e ofrecer un mellor servizo os cada vez máis peregrinos que se decantan por estes itinerarios.
No Camiño do Norte os traballos levaranse a cabo por treitos: de Ribadeo a Lourenzá e de Trabada a Lourenzá; de Mondoñedo a Vilalba e entre Lourenzá e Abadín; de Guitiriz a Friol; e de Sobrado a Arzúa e entre Sobrado e O Pino. Limparanse as cunetas e os noiros para evitar, entre outras cuestións, que se inunde a superficie de paso. Formaranse explanadas nos camiños de nova apertura e retirarase a terra vexetal.
Así mesmo, no que se refire á sinalización, colocaranse mouteiras, cunchas, placas e outros sinais atendendo ao Manual de Sinalización Turístico de Galicia. As cunchas, serán de cerámica e colocadas en horizontal cunha frecha das mesmas dimensións indicativa da dirección. Nos lugares considerados Ben de Interese Cultural disporanse cunchas de bronce e nas zonas máis urbanas que discorran por estrada, sinais metálicas
Axencia Turismo de Galicia
- a) RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra por lotes relativa ao proxecto de construción da recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoos á delimitación oficial 2013-2014, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (P.I. 6.3.2) (clave 2016-00024).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161027/AnuncioG0256-131016-0003_gl.html
Actuacións previstas, entre outros, nos concellos de:
- Ribadeo (18,4 Km / Investimento 72.356,99 €)
- Lourenzá (15,2 Km / Investimento 107.152,42 €)
- Barreiros (9,7 Km / Investimento 54.134,70 €)
- Trabada (21, 5 Km / Investimento 124.327,53 €)
- Mondoñedo (33,8 Km / Investimento 187.511,67 €)
Total A Mariña: 545.483,31€
Turismo
Posted in General, MANCOMUNIDADE, TURISMO on 30, Abril 2016|
Os populares poñen en valor a colaboración da administración autonómica que achegará o 85% do orzamento total –que ascende aos 190.00 euros- destinado a impulsar distintas accións para consolidar á Mariña lucense como destino turístico diferenciado e de calidade
A Mancomunidade recibe “o apoio decisivo” da Xunta para potenciar a oferta turística comarcal
- Balseiro bota en falta unha implicación similar da Deputación de Lugo nun ámbito, como o turismo, que considera estratéxico pola súa capacidade de xerar novos recursos e novos empregos
Prospera a iniciativa impulsada polos deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra
O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR EN APOIO DA DECLARACIÓN DA FEIRA DO BONITO DE BURELA COMO CITA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL
- O acordo insta á Xunta a colaborar coa Asociación Ledicia e co Concello na difusión deste evento nos medios de comunicación nacionais, un requisito obrigado pola lexislación vixente para acadar este recoñecemento
- Salienta o arraigo e colaboración veciñal na organización desta Feira, a importancia gastronómica do bonito, un peixe clave que identifica a flota artesanal local e a capacidade de atraer visitantes e acoller turistas que ofrece este evento
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu na Comisión de Pesca que Galicia ten un atractivo turístico inigualable con 1.400 km de costa e unha historia ligada ao mar
O PARLAMENTO DE GALICIA INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, A IMPULSAR O TURISMO MARIÑEIRO COMO OPORTUNIDADE ECONÓMICA E DE EMPREGO
- O mandato sinala tres aspectos a potenciar: a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, a integración da pesca deportiva e finalmente, a potenciación das actividades náuticas.
- Reclama a creación dunha comisión mixta integrada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral de Deportes e Secretaría Xeral de Turismo, dada a transversalidade dos programas a desenvolver
O Secretario do Parlamento de Galicia e deputado mariñán convidado especial do Salón da Alimentación e o Equipamento do Norte que organiza la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Avilés con carácter bienal
BALSEIRO PARTICIPARÁ NA PRESENTACIÓN DA FEIRA GASTRONÓMICA XANTAR 2013 NO SALÓN SALENOR DE AVILÉS
- Pola tarde será nomeado comensal de honra “Alvaro Cunqueiro” no marco no certame de pulpo á feira da Federación de Cofradías Gastronómicas (FECOGA)