PRESENTACIÓN

josemanuelbalseiro.com

DATOS PERSOAIS

Jose Manuel Balseiro Orol é deputado no Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo e vicepresidente da Comisión de Pesca e Marisqueo.

Tamén exerce como coordinador comarcal do Partido Popular da Mariña lucense, tras ser elixido co voto directo dos militantes desta bisbarra.

Foi Delegado Territorial da Xunta na provincia de Lugo, desde novembro do ano 2016 ata xuño de 2020, data na que cesou para incorporarse á candidatura do Partido Popular de cara ao 12 de xullo.

Esta responsabilidade na administración pública galega levoulle a renunciar á concellería en Cervo, o seu municipio de residencia e á súa condición de parlamentario entre 2016 e 2020.

No período 2009 a 2016 foi Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilizouse da portavocía do Mar, Montes e Incendios.

Desde o punto de vista orgánico tamén foi Secretario Provincial do Partido Popular de Lugo ata 2016, data na que tivo lugar o congreso da sucesión de Jose Manuel Barreiro e, na actualidade, forma parte das Xuntas Directivas provincial e autonómica dos populares.

No ámbito profesional foi director comercial de ALCO, SA durante 16 anos, e coordinador do equipo de venda en España e Portual.

Militante activo do Partido Popular desde o ano 1994.